[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

O CERNADAS POLA IGUALDADE

 

#Nenaslibres

 

O alumnado de ESO durante o mes de outubro estivemos realizando actividades nas materias de Relixión e Valores éticos  para coñecer a situación das nenas no mundo, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.

Con motivo de celebración do Día Internacional da nena o 11 de outubro creamos este mosaico coas nosas fotos para denunciar as situacións inxustas que sufren as nenas no mundo, polo feito de ser mulleres.

 

XORNADA DE ASTRONOMÍA

O pasado día 12 de outubro, un grupo de astrofísicos liderados por

Don José Ángel Docobo, brindáronse a vir ao campo de fútbol da

Silva, ao ladiño da nosa escola.

 

A finalidade da visita consistiu en traerlle ao alumnado de 6º de

Educación Infantil uns telescopios para que poidesen apreciar -xunto

coas familias- unha pequena parte dos astros do Universo e así

promover as vocacións científicas.

 

As nenas/os están realizando un proxecto sobre o universo e, por iso,

solicitaron a axuda do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

 

Deixamos  unhas fotos para compartir a experiencia con todos vós.

 

ACTIVIDADE DE ZUMBA_ CONCELLO DE LOUSAME

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES_CONCELLO DE LOUSAME

 

 

Listaxe definitivo Fondo Solidario de libros de texto e axuda para material escolar para o curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes  definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

O mércores, 15 de setembro, iníciase o curso 2021/22 na etapa de ESO. O alumnado que fai uso do servizo de transporte esperará na zona correspondente do patio cuberto baixo a vixiancia de profesorado de garda. O alumnado achegado ao centro polas súas familias entrará polo portal peonil e dirixirase tamén ao patio cuberto. As familias non poderán acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar.

 

Listaxe provisional Fondo Solidario de libros de texto e axudas para o material escolar curso 2021/22.

Están publicadas as listaxes provisionai de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro.

HORARIO DO CENTRO CURSO 2021-22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anulou as modificacións autorizadas o curso pasado  pola Xefatura Territorial por mor da crise sanitaria. Polo tanto,  neste curso escolar 2021/22 os martes pola tarde a hora de saída do transporte escolar será ás 17:20 horas tras o remate das clases do alumnado de ESO.

Distribuir contido