XORNADA DE ASTRONOMÍA

O pasado día 12 de outubro, un grupo de astrofísicos liderados por

Don José Ángel Docobo, brindáronse a vir ao campo de fútbol da

Silva, ao ladiño da nosa escola.

 

A finalidade da visita consistiu en traerlle ao alumnado de 6º de

Educación Infantil uns telescopios para que poidesen apreciar -xunto

coas familias- unha pequena parte dos astros do Universo e así

promover as vocacións científicas.

 

As nenas/os están realizando un proxecto sobre o universo e, por iso,

solicitaron a axuda do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

 

Deixamos  unhas fotos para compartir a experiencia con todos vós.