Xa temos gañadores!!!!! Traballastes arreo nesta última parte do curso e conseguimos elaborar unhas fermosísimas RIMAS MARIÑEIRAS, tendo sempre en conta a defensa do noso ben máis preciado: a lingua.
Logo montamos as rimas gañadores enriba de fotografías dos traballos realizados sobre o mar durante o curso. Mirade para aí:
Parabéns aos cinco: Manuel, Mariña, Miriam, Nerea e Uxía. Na vindeira semana, repartiremos os adhesivos coas vosas rimas a todo o alumnado do centro.
|
|||||||
Levamos un tempo pensando en inaugurar unha sección adiicada aos nosos alumnos que dunha maneira ou outra destacan nunha modalidade deportiva, por este motivo comeza hoxe está sección, que chamaremos O RECUNCHO DO DEPORTISTA na que amosaremos os pequenos logros que acadan os nosos alumnos no deporte que practican. Imos adicar este primeiro número a uns deses alumnos deportistas que ultimamente non paran de cosechar éxitos, PABLO OLIVER IGLESIAS leva tempo regateando no seu optimist e ultimamente estanos acostumando a acadar moi bos resultados, o que o vai levar a participar a finais deste mes de xuño no campionato de España da súa especialidade que se vai celebrar en Santander. Para saber máis pincha nos seguintes enlaces: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/04/pequeno-gran-campeon/0003_201506B4C9991.htm |
|||
En 1º ESO puxemos en marcha un bingo matemático. O alumnado dispoñía duns cartóns, onde aparecían operacións matemáticas cuxo resultado debían comprobar que coincidise co número extraído polo profesor/a. Foron varias clases nas que traballamos o cálculo mental e na que a rapidez se convertiu nun factor clave. Deixamos unha mostra destes cartóns tan curiosos.
|
|||
Co alumnado de 3º ESO, ao comezo da segunda avaliación, fixemos un recorrido, un tanto competitivo, polos contidos aritméticos vistos no primeiro trimestre. O alumnado emprendeu o que nos demos en chamar "A gran carreira", para chegar á meta, e atendendo á casilla do tableiro na que ían caendo, tiveron que resolver todo tipo de cuestións relacionadas co cálculo, porcentaxes, proporcionalidade, sucesións,.... Todo un reto que colleron con moito entusiasmo porque tamén había unha compensación cara a nota final do trimestre.
|
|||
O alumnado de 1º de ESO realizou diferentes poliedros en cartolinas de cores como primeira achega ao concepto de volume. Está relacionado co tema de cálculo de superficies planas abordado xa na materia de Matemáticas ao longo do segundo trimestre e introduce contidos para o cálculo de volumes que logo en segundo de ESO afianzarán na mencionada materia. Cada alumno recibiu unha fotocopia con diferentes modelos que lles serviu de plantilla para realizar o traballo final. Deste xeito, o alumnado pudo comprobar como conseguir a terceira dimensión a partir do plegado dunha superficie plana e avanzou a posibilidade de abordar contidos relacionados coa Xeometría en arte e a súa importancia en diferentes manifestacións e movementos artístico, así como expoñer conceptos máis concretos sobre a escultura e a arquitectura.
|
||||||
O alumnado de 1º ESO, baixo a coordinación do profesor de CCNN, Manuel Fuentes, fixeron unha ampla labor de recollida e tratamento de datos, ao longo de todo o curso. Para iso, puxeron en marcha a estación meteorolóxica e día a día foron recollendo os datos, facendo a lectura dos mesmos e elaborando toda unha serie de gráficas; sobre a pluviosidade, velocidade do vento, humidade do aire, presión atmosférica, temperaturas máximas e mínimas,.... Todo o centro pudo visionar este traballo porque ademais puxeron en marcha un taboleiro onde ían deixando expostas as gráficas. A verdade é que se convertiron nuns auténticos meteorólogos! Aí queda unha pequena mostra do seu traballo
|
|||||||||
A semana pasada na durante a hora do proxecto lector estivemos aprendendo o que era un acróstico, lemos varios e explicamos como tiñamos que facer se queríamos escribir un. Despois de facer algunha proba en parellas e de maneira individual coas letras do noso nome, chegou a tarefa de escribir un acróstico utilizando as letras do nome de Kandinsky. Como este apelido non é español costounos un pouco pensar palabras que empezasen por k ou y por iso estivemos utilizando o diccionario. |
|||
Na aula de 3ºA seguimos traballando con Kandinsky. Seguindo a súa biografía e as cousas que aprendimos sobre unha biografía esta semana escribimos a nosa autobiografía. Velaí tendes algúns exemplos: |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »