A Consellería de Educación estableceu, no día de onte, un inicio de curso escolar de xeito escalonado: 10 de setembro: 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º,2º e3º de Ed. Primaria. 11 de setembro: 6º de Ed. Infantil e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria 16 de setembro: 1º e 2º ESO 17 de setembro: 3º ESO 18 de setembro: 4º ESO Ao longo destes primeiros días de setembro, o titor ou titora dos seus fillos/as poñerase en contacto vía telefónica coas familias para presentarse e tratar diversas cuestións. Pregámoslles estean atentos á páxina web do centro, á aplicación abalarMóbil e ao seu correo electrónico porque serán os medios que usaremos para enviarlles toda a información sobre as novas normas de organización e funcionamento necesarias ante a situación na que nos atopamos. |
|||

|
|||
Atendendo ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia facemos públicas as adaptacións das programacións deste curso académico. Poderán acceder ás mesmas nos bloques situados á marxe da páxina web do centro premendo no menú programacións dentro do bloque Educación Primaria ou Educación Secundaria segundo queiran acceder ás modificacións das programacións dunha etapa educativa ou da outra. |
|||
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado. Este será do 11 ao 18 de maio de 2020, ambos incluídos.
Do 1 ao 10 de xullo de 2020 O prazo de matrícula extraordinario paar o alumnado de ESO que teña que presentarse ás probas de setembro será do 1 ao 10 de setembro de 2020. Para entregar a documentación na Secretaría do centro deberase chamar previamente ao teléfono do centro 881866801 e solicitar cita con Administración. Deberán vir provistos de luvas e mascarillas.
RECÓRDASE QUE A ADMISIÓN SÓ A TEÑEN QUE FACER OS NENOS E NENAS QUE O VINDEIRO CURSO VAN A ENTRAR NO CENTRO EN 4º DE ED. INFANTIL( 3 ANOS) E TODOS OS ALUMNOS NOVOS QUE PROCEDAN DOUTRO CENTRO. OS ALUMNOS QUE XA ESTÁN NO CENTRO NON TEÑEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN
|
|||
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as instrucións polas que se rexirá a nosa Comunidade Autónoma en canto ao desenvolvemento do ultimo trimestre deste curso escolar. Poderán acceder ás mesmas premendo no seguinte enlace. http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf |
|||
Á espera da publicación no BOE da Orde Ministerial que concrete o desenvovemento do terceiro trimestre ante a situación de pandemia orixinada polo COVID-19, a Consellería de Educación, Universidade e Ordenación Universitaria vén de publicar as seguintes instrucións que teñen caracter provisional. Agardamos unha maior concreción por parte da nosa Administración nos vindeiros días. Premendo no seguinte enlace poden acceder ás devanditas orientacións provisionais: |
|||
Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo, unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre: 1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »