A Consellería de Educación estableceu, no día de onte, un inicio de curso escolar de xeito escalonado: 10 de setembro: 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º,2º e3º de Ed. Primaria. 11 de setembro: 6º de Ed. Infantil e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria 16 de setembro: 1º e 2º ESO 17 de setembro: 3º ESO 18 de setembro: 4º ESO Ao longo destes primeiros días de setembro, o titor ou titora dos seus fillos/as poñerase en contacto vía telefónica coas familias para presentarse e tratar diversas cuestións. Pregámoslles estean atentos á páxina web do centro, á aplicación abalarMóbil e ao seu correo electrónico porque serán os medios que usaremos para enviarlles toda a información sobre as novas normas de organización e funcionamento necesarias ante a situación na que nos atopamos. |
|||