A papiroflexia ou o origami son duas palabras raras que fan referencia a unha técnica que consiste en facer figuras de papel dobrándoo varias veces, sen cortalo nin pegalo. E claro os nenos de 2ºB, aproveitamos para aprender matemáticas facendo unha paxariña de papel. |
|||
Os nenos e nenas de 3ºA seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky. Esta semana estivemos buscando información sobre o que era unha biografía e despois cada quen leu en alto o que sabia e fomos sacando algunhas ideas. |
|||
En Matemáticas estamos estudando a proporcionalidade; e neste vídeo axúdannos a entedela moito mellor.
|
|||
|
|||||
@s nen@s de 3ºA estamos facendo un proxecto sobre Kandinsky en tres áreas distintas do currículo. En matemáticas estamos utilizando un dos seus cadros para medir e calcular radios e diámetros. Esta semana fixemos dúas actividades: |
|||
Para facer algo diferente neste festivo, propoño deleitarnos vendo un eclipse solar. Aproveitando que os expertos din que en Galicia será o lugar de España onde mellor se vexa, e non temos moitas ocasións coma esta, deixo unha ligazón con máis información. Pincha aquí e accede. A foto amosa como se verá o sol nas distintas horas. |
|||
Hoxe repasamos a importancia que ten reducir, reutilizar e reciclar distintos materiais. O ano pasado aprendemos a reutilizar e este ano a reciclar. As mozas do ano pasado ensináronnos como facer papel reciclado. Tamén nos recordaron que o máis importante é reducir e iso non o pode facer ninguén máis ca nós mesmos.
|
|||
Co motivo do día da Muller Traballadora, os compañeiros de 1º da ESO viñeron darnos unha charla sobre disitntas mulleres científicas. |
|||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- seguinte ›
- última »