[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

Bingo matemático

En 1º ESO puxemos en marcha un bingo matemático. O alumnado dispoñía duns cartóns, onde aparecían operacións matemáticas cuxo resultado debían comprobar que coincidise co número extraído polo profesor/a. Foron varias clases nas que traballamos o cálculo mental e na que a rapidez se convertiu nun factor clave.

Deixamos unha mostra destes cartóns tan curiosos.

 

A gran carreira

Co alumnado de 3º ESO, ao comezo da segunda avaliación, fixemos un recorrido, un tanto competitivo,  polos contidos aritméticos vistos no primeiro trimestre. O alumnado emprendeu o que nos demos en chamar "A gran carreira", para chegar á meta, e atendendo á casilla do tableiro na que ían caendo, tiveron que resolver todo tipo de cuestións relacionadas co  cálculo, porcentaxes, proporcionalidade, sucesións,.... Todo un reto que colleron con moito entusiasmo porque tamén había unha compensación cara a nota final do trimestre.

 

A matemática dende un punto de vista artístico

O alumnado de 1º de ESO realizou  diferentes poliedros en cartolinas de cores como primeira achega ao concepto  de volume. Está relacionado  co tema de cálculo de superficies planas  abordado xa na materia de Matemáticas ao longo do segundo trimestre e introduce contidos para o cálculo de volumes que logo en segundo de ESO afianzarán na mencionada materia.


Cada alumno recibiu unha fotocopia con diferentes modelos que lles serviu de plantilla para realizar o traballo final. Deste xeito, o alumnado pudo comprobar como conseguir a terceira dimensión a partir do plegado dunha superficie plana e avanzou a posibilidade de abordar contidos relacionados coa Xeometría en arte e a súa importancia en diferentes manifestacións e movementos artístico,  así como expoñer conceptos máis concretos sobre a escultura e a arquitectura.








 

Estudamos o tempo

 O alumnado de 1º ESO, baixo a coordinación do profesor de CCNN, Manuel Fuentes, fixeron unha ampla labor de recollida e tratamento de datos, ao longo de  todo o curso. Para iso, puxeron en marcha a estación meteorolóxica e día a día foron recollendo os datos, facendo a lectura dos mesmos e elaborando toda unha serie de gráficas; sobre a pluviosidade, velocidade do vento, humidade do aire, presión atmosférica, temperaturas máximas e mínimas,....


Todo o centro pudo visionar este traballo porque ademais puxeron en marcha un taboleiro onde ían deixando expostas as gráficas. 


A verdade é que se convertiron nuns auténticos meteorólogos!


Aí queda unha pequena mostra do seu traballo












 

Acróstico de Kandinsky.

A semana pasada na durante a hora do proxecto lector estivemos aprendendo o que era un acróstico, lemos varios e explicamos como tiñamos que facer se queríamos escribir un. Despois de facer algunha proba en parellas e de maneira individual coas letras do noso nome, chegou a tarefa de escribir un acróstico utilizando as letras do nome de Kandinsky. Como este apelido non é español costounos un pouco pensar palabras que empezasen por k ou y por iso estivemos utilizando o diccionario.

Escribimos a nosa autobiografía.

Na aula de 3ºA seguimos traballando con Kandinsky.

Seguindo a súa biografía e as cousas que aprendimos sobre unha biografía esta semana escribimos a nosa autobiografía. Velaí tendes algúns exemplos:

De excursión ao fin do mundo

O xoves pasado fomos de excursión ao cabo Fisterra. Fixemos unha viaxe en barco vendo as praias e o faro Fisterra; despois, fomos visitar o faro por terra e finalmente comemos na  praia da Langosteira. Pásamolo xenial!! Ahí van unhas fotos de mostra.

 

Visita á Casa das Ciencias, Aquarium e á exposición Pablo Picasso

O pasado mércores 13 de maio os alumnos e alumnas de 2º e 3º  de ESO levaron a cabo unha viaxe á Coruña nunha actividade organizada entre os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Plástica, Matemáticas e Bioloxía e Xeoloxía. Todo o grupo asistiu á primeira hora da mañá a una visita guiada pola Casa das  Ciencias e a unha sesión do Planetario basada na Enerxía. A continuación, o grupo de 2º ESO acompañado polos profesores Manuel  Fuentes e Francisco del Río puideron disfrutar dun dos mellores acuarios de España, o Aquarium Finisterrae así como das suas magníficas inmediacións. Pola contra, os alumnos de 3º ESO, dando un paseo pola magnífica cidade coruñesa encamináronse cara o museo de Belas Artes  en compañía dos profesores Teresa Crende e Adolfo Barcia. Alí disfrutaron dunha magnífica exposición guiada sobre a obra do pintor Pablo Picasso.

Non cabe dúbida de que foi unha interesante e ben aproveitada visita na que , segundo nos contaron, non lles importaría volver a repetir.

Aí queda unha fotiño do grupo e se clicades sobre ela poderedes ver máis na nosa galería de imaxes.

Ata a próxima!

Distribuir contido