[Actividade recente]

VISITA ÁS MINAS DE SAN FINX

O día 17 de outubro, o alumnado de 2º ESO acudiu ás minas de San Finx como xa tiña feito en anos anteriores. Mais desta vez non foron sós, senón que o alumnado de IES As Insuas, Muros, acompañou aos rapaces/as e profesores do centro. Xuntos realizaron unha camiñada dende o propio CPI ata as minas onde aproveitaron para visitar as instalacións e traballar con contidos relacionados coa enerxía, o medio natural, os metais e a siderurxía. 

É esta unha iniciativa dos departamentos de Tecnoloxía, Educación Física e Bioloxía.

MATIJUEGOS- 2ºA

   

 

EXPERIMENTAMOS: CAIXA DOS SENTIDOS

Comezamos a aprender sobre o corpo humano, e para iso realizamos o primeiro de moitos experimentos que nos esperan ao longo do curso. 

(Recordade que para ver as fotos tedes que premer onde pon ler máis)

CURSO ESCOLAR 2016-17

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR:

ED. INFANTIL E ED. PRIMARIA: 12 DE SETEMBRO

ED. SECUNDARIA OBRIGATORIA: 15 DE SETEMBRO

 

O HORARIO DAS CLASES O MES DE SETEMBRO:

- EN INFANTIL E PRIMARIA SERÁ DE 9:45 H. A 13:45 H.

- EN ESO SERÁ DE 9:45 H. A 14:45 H.

- HORARIO DE COMEDOR:

- EN INFANTIL E PRIMARIA SERÁ DE 13:45 H. A 14:30 H.

FONDO DE LIBROS E AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2016_2017 PARA ALUMNADO DE ESO

O alumnado de 2º ESO e 4º de ESO que solicitou axuda para libros de texto xa pode recoller na Secretaría do centro os vales para libros e, de ser o caso, os vales para material escolar.

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO: 881 866 801

O TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO SERÁ A PARTIR DE AGORA O SEGUINTE:

881 866 801.

Logotipo do CPI Cernadas de Castro

O deseño do logotipo do noso centro educativo está inspirado en Diego Antonio Cernadas de Castro, quen lle dá nome a este CPI, polo seu labor como cura de Fruíme, pero sobre todo porque foi un grande defensor da cultura, do pobo e da lingua galega nas obras tanto en prosa como en verso, e tanto en galego como castelán.

Concurso de deseño de logotipo

 No mes de maio de 2016 déronse a coñecer os gañadores do Concurso de Deseño de Logotipo para o CPI Cernadas de Castro.

 As votacións do xurado deron como resultado que os traballos merecedores dos premios fosen os que seguen:

 - 3º Premio: Pablo Rodríguez Freire, de 4º A de ESO

 - 2º Premio: Alicia Mariño Domínguez, de 6ºA de Primaria

 - 1º Premio: Claudia Figueira Caamaño, de 4º A de ESO

 Así pois, o CPI Cernadas de Castro adoptará o traballo gañador como imaxe que representa ao centro educativo e irá incorporándoa progresivamente en todos os ámbitos e soportes que se estimen necesarios.

Fai clic na primeira imaxe para acceder á galería de fotos da entrega de premios.

Fai clic na segunda imaxe para acceder á galería de fotos da exposición de logos.

 

Distribuir contido