[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
CROS ESCOLAR Páxina gedepevi 13/11/2024 - 15:22
VOLUNTARIADO MIÚDO_RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA VALENCIA Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:27
Concurso de cabazas. Samaín 2024 Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:07
Samaín 2024/25 Páxina bggon 30/10/2024 - 13:58
MENÚ MES DE NOVEMBRO 2024 Páxina gedepevi 30/10/2024 - 10:39
MENÚ MES DE OUTUBRO 2024 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 14:16
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS 24/25 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 10:02
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 13:10

Responder ó comentario

Logotipo do CPI Cernadas de Castro

O elemento central do deseño que se seleccionou é dobre:

 - Por unha parte, a letra “Z”. Escolleuse como elemento principal pola curiosidade de que o autor empregaba esta letra para escribir o seu primeiro apelido. A cor escollida foi o negro sobre branco facendo referencia directa á escritura en xeral.

- Por outra banda, camuflado no trazado da letra “Z” podemos distinguir o número “7”. Xa na numeroloxía deste número se fala da representación da sabedoría, o estudo e as ansias por aprender entre outras. Pero curiosamente e, atendendo xa a cuestións que poderiamos relacionar coa cabalística ou simplemente co azar, este número ten moito que ver con Lousame e con Cernadas de Castro, xa que:

  • Lousame está dividida en 7 parroquias.

  • A maior parte da obra do cura de Fruíme está recompilada en 7 grandes volumes.

  • Faleceu en 1777.

  • O colexio foi fundado co seu nome en 1977.

  • A suma de todos os setes nomeados nos puntos anteriores suman 7.

Letra e número fundidos nunha soa imaxe. Letras e números que descubrimos, aprendemos e usamos na escola.

Como elementos secundarios faise referencia a 2 tipos de folla:

  • A natural, a máis evidente tanto polo seu tamaño como por ser a nota de color da imaxe. Representa a contorna natural onde se localiza o centro educativo; entorno rural onde prima o verde, en todas as súas gamas, como cor propia.

  • A folla de papel: representada dun xeito sutil na parte inferior da letra z a modo de libro ou prego de papel dobrado. Tívose en conta este aspecto polo labor como literato de Cernadas de Castro, polo seu emprego nos centros educativos (folios, cuadernos, libros...) e finalmente porque aquí, en Lousame, foi onde se fundou grazas a Domingo Fontán a primeira fábrica de papel de toda Galicia. Fontán foi un recoñecido estudoso que elaborou a primeira Carta Xeométrica de Galicia, percorrendo toda a comunidade a pé e a cabalo. Cabe recordar que non foi a única senón que Lousame chegou a contar ata con cinco fábricas de papel.

Como podemos observar, atopamos varias lecturas ou interpretacións a modo de palimpsesto que outorgan ao noso logotipo un carácter rotundo polas súas formas e cor e que expresa cualidades xerais propias dun centro educativo e particulares do CPI Cernadas de Castro e a súa contorna.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Responder