Visitamos o Eroski para facer unha compra responsable. Recordaronnos a importancia de levar unha dieta equilibrada e facer exercicio. Tivemos que facer a compra dun menú equilibrado e colocar os produtos nunha pirámide alimenticia. Finalmente, agasallaronnos cunha merenda saborosa. Pasámolo moi ben.
|
|||
No arquivo adxunto figura a relación de alumnas e alumnos admitidos para o vindeiro curso escolar 2016_17 |
|||
Pois como estamos no ano de Manuel María, decidimos achegarnos ata Outeiro de Rei para visitar a casa natal do autor, hoxe convertida en Fundación. Agradecémoslle moito a Fran a súa enorme amabilidade e a paciencia coa que nos explicou todo o que tiña que ver coa vida e obra deste gran escritor. Mentres esperabamos a que acabara a quenda dos de 1º da ESO, tivemos a oportunidade de conversar un chisco con Josefa, Pepa, a cuñada de Manuel María que ten unha casa xusto ao carón da Fundación. Ademais de falarnos do seu cuñado e de asuntos da vila, tamén aproveitamos para fixarnos na súa variante dialectal que non se asemella á nosa, mais que tanto nos agradou. Pola tarde, e despois de comer apraciblemente na carballeira de Santa Isabel, achegámonos ata o Castro de Viladonga, onde, e a pesares da calor, percorremos o castro enteiro e tamén visitamos o museo. Se queredes ver o resto das fotos, ide á galería da páxina do centro.
|
|||
Os alumnos e alumnas de 1º ESO están a ter o seu primeiro contacto coa programación a través de Scratch. Trátase dunha linguaxe de programación moi visual que permite arrastrar o código no lugar de ter que escribilo, o que fai moito máis atractivo o seu uso. Os rapaces e rapazas de de 1º ESO levan catro semanas programando unha pequena versión do xogo Pong. Nas próximas semanas subiremos a esta mesma páxina o xogo feito por algúns deles. Fai clic en calquera das imaxes para ir á galería.
|
|||||
Os alumnos e alumnas de 1º ESO B, 2º ESO A e 2º ESO B levaron a cabo un obradoiro de papiroflexia cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Depois de aprender a construir as figuras, os rapaces e rapazas de 1º ESO B ensinaron aos de 5º como facer un coello de papel, mentres que os de 2º ESO axudaron aos de 6º a facer un cubo modular. Fai clic nunha das fotos para ir á galeria.
|
|||||||
De acordo co procedemento establecido no punto quinto da Orde do 29 de maio de 2008, pola que establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados, convocámolos á votación do sector de nais, pais ou titores legais que terá lugar atendendo ao seguinte calendario e horario:
Exposición do censo de votantes: do día 28 de abril ao 5 de maio Período de reclamacións ao censo: do día 6 ao 13 de maio Sorteo dos membros da mesa: día 18 de maio ás 12 h. Votación: día 27 de maio de 9,00 h a 21,00 h.
|
|||
O Departamento Territorial vén de informar como viable a xornada mixta solicitada no referente ao transporte escolar. No arquivo adxunto poden acceder ao documento. |
|||
De acordo co procedemento establecido no punto cuarto da Orde do 29 de maio de 2008, pola que establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados, convocámolos a unha reunión informativa do sector de nais, pais ou titores legais atendendo ao seguinte horario:
Día: 26 de abril de 2016 Hora: 20,00h
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »