[Actividade recente]

ENTROIDO 2016

 

De pintora, diso disfrazamos a nosa meca este curso 2015/2016. Quixemos con isto colaborar coa Biblioteca e co PDI (Proxecto documental integrado) e tentamos, na medida do posible, seguir o tema relacionado desta vez co mundo artístico, de aí o título: "Defíneme ARTISTA".

Como é tradición, convidamos a toda a comunidade educativa a ir traendo cada día da semana os accesorios que a nosa particular pintora nos vai indicando. Recordade, iso si, que os accesorios son acumulativos.

Esperamos que non vos sexa moi complicado e tede en conta que o martes hai dúas coplas, xa que os pequechos de Infantil poden mancarse cos "grandes pendentes", de aí que para eles escolleramos outro accesorio para ir ao circo.

 

 

O luns para comezar,

de pallaso ven traballar.

 

 

Este martes de circenses,    

nas orellas, uns grandes pendentes.


Imos ao circo o martes, 

ven cun lazo e non faltes.

 

 

O mércores para triunfar,

de mago te vas presentar.

 

 

O xoves remata a semana,

ven de mimo coa cara pintada.

A obra de Van Gogh vista polo alumnado de Infantil C. Proxecto de solidariedade

Os alumnos e alumnas de Infantil C (aula de 5 anos) estiveron traballando durante o primeiro trimestre un proxecto sobre VAN GOGH, pero ademáis de coñecer moitas cousas sobre este artista e a súa obra, pensaron en ir máis aló e empregar todo o aprendido para axudar a quen máis o precisa.

Foi así como cada un dos nenos e nenas da aula, representou nun cadro distintas obras representativas de VAN GOGH, e cando xa estaban todos rematados, pensaron en facer unha exposición e posterior venta aberta a todo o centro.

O éxito da exposición foi tremendo e así conseguiron vender tódolos seus cadros. Cós cartos recaudados colaboraron coa asociación KIMOKAP-Galicia, unha asociación que pide a colaboración da xente con teas coas que confeccionan gorriños para os nenos e nenas que están pasando pola  terrible enfermidade do cancro.

O alumnado de Infantil C, solidarizado coa causa tan fermosa que apoian dende KIMOKAP, pensou en mercar distintas teas cós cartos recaudados a través da exposición de cadros, e así foi.

Este Nadal xa se fixo o envío das teas para dita asociación, xunto cun debuxo propio de cada un dos nenos de Infantil C, os cales van a acompañar a cada gorriño que se confeccione coas teas mercadas.

Grazas a todos os que participáchedes na compra dos cadros e parabéns a estes pequenos artistas e á súa profesora Rita pola súa implicación  neste proxecto.

Aquí vos deixamos unhas fotografías do traballo e dos seus autores:

 

 

             

                                   

 

Concerto Nadal

Este venres 18 tivemos unha grata sorpresa, xa que a Escola Municipal de Música de Lousame deunos unha demostración das súas habilidades.

Mentres eles tocaban unhas panxoliñas nós cantábamolas.

Magosto

O pasado 9 de novembro celebramos no colexio un Magosto moi divertido; comemos castañas e xogamos a xogos populares.

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Ola a tod@s: o alumnado de 2º B de Primaria está encantado de anunciarvos que xa rematamos a nosa pequena achega ao Proxecto Documental Integrado deste ano que leva por nome: "Defíneme artista". 

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAS DEFINITIVAS

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listas definitivas de alumnado admitido no Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia para o curso 2015-2016. Deben comparar o lote de libros que se lles adxudicou coa lista de libros do curso correspondente por se cumprise mercar algún.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAS PROVISIONAIS.

Nos arquivos adxuntos poderá acceder ás listas provisionais de admitidos e excluídos no Fondo provisional de libros de texto para o curso 2015-2016.


As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2015.



  • A lista definitiva de Educación Primaria publicarase o 15 de xullo de 2015.

  • A de Educación Secundaria Obrigatoria, o 15 de setembro de 2015.
Distribuir contido