Os rapaces e rapazas de 5ºA e 5ºB están aprendendo a tocar na frauta a canción dos Picapedra. Pedro Picapedra e Pablo Mármore son os protagonistas desta serie de debuxos animados cunha das Bandas Sonoras máis famosas de todos os tempos.
Foron creados por William Hanna e Joseph Barbera no ano 1960 e leváronse ao cine en dúas películas: Los Picapiedra en 1994 e Los Picapiedra en Viva Rock Vegas no ano 2000.
Nesta entrada déixovos un enlace á partitura e un vídeo no que podedes escoitar a canción. Veredes que é moi sinxela. Ánimo e mans á obra!
CONTINUAMOS COS COMPASES... | hai 9 anos 16 semanas |
E se fas feliz a alguén regalando MUSICA? | hai 9 anos 15 semanas |
Imos xogar un pouco con ritmos... | hai 4 anos 18 semanas |
Partitura LOS SIMPSONS | hai 9 anos 14 semanas |
#RESISTIRÉ! #EuQuedoNaCasa | hai 4 anos 19 semanas |