Neste mes de novembro cúmprense 10 anos da CATÁSTROFE DO PRESTIGE. Daquela, as nena e nenos do grupo B de Educación Infantil, fixemos o seguemento da noticia nos xornais. Lembro como vivenciabamos a diario a chegada de chapapote a máis e máis sitos da nosa costa. A indignación dos mariñeiros, os voluntarios de branco nas praias, os animais mortos... Lembro tamén as bandeiras de NUNCA MÁIS presentes no colexio, nas ventaniñas dos coches dos profes, nas fiestras das casas... Na nosa biblioteca de aula conservamos un caderno de todo canto aconteceu daquela sobre o fatídico petroleiro, visto por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. |
|||