[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
CROS ESCOLAR Páxina gedepevi 13/11/2024 - 15:22
VOLUNTARIADO MIÚDO_RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA VALENCIA Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:27
Concurso de cabazas. Samaín 2024 Páxina pipaca 03/11/2024 - 13:07
Samaín 2024/25 Páxina bggon 30/10/2024 - 13:58
MENÚ MES DE NOVEMBRO 2024 Páxina gedepevi 30/10/2024 - 10:39
MENÚ MES DE OUTUBRO 2024 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 14:16
CALENDARIO DE AVALIACIÓNS 24/25 Páxina gedepevi 27/09/2024 - 10:02
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 13:10

DEZ ANOS DESPOIS

Acaba de ser 11 de setembro, e volveu aparecer en todos os medios de comunicación imaxes do que sucedeu aquel día do ano 2001.

Ese curso, na clase de Infantil B traballamos a noticia e seguimos a trvés da prensa todo o que foi acontecendo nos días posteriores. Elaboramos un documento con fotografías, titulares, pes de foto... do que sucedía. Eran momentos nos que 19 nenas e nenos de 3. 4 e 5 anos sabían quen era Bush e Bin Laden. Localizaban no mapa do mundo EEUU e Afganistán e analizaban e xulgaban os acontecementos desde a súa particular visión de nenos e nenas pequenos. Cando comezaron os bombardeos en Afganistan as imaxes de prensa eran moi duras e suscitaron preguntas moi interesantes, xa daquela, que aínda seguen sen resposta: por que os nenos e a xente que vive en Afganistan teñen que vivir unha guerra se eles non fixeron nada malo?. Bush pareceía que era o bo e Bin Laden o malo ao principio pero despois dos bombardeos estamos seguros diso?. Por que as mulleres teñen que levar Burka?

Aquela promoción está agora en 2º, 3º e 4º de ESO e nos seus libros de texto estudan o que sucedeu o 11 de setembro do 2001 como un contido de Historia que foi no seu momento un contido de actualidade.