O galego, ponte para o portugués

Onte, Valentim R. Fagim, profesor de portugués na EOI de Ourense, deunos un seminario de habilitación lectora en lingua portuguesa aos alumnos de 3º ESO. O obxectivo era aproveitar a proximidade (léxica, morfolóxica e sintáctica) das variantes lingüísticas galega e portuguesa para capacitarnos na habilidade lectora en lingua portuguesa.

 

            Os contidos dividíronse en 4 bloques:                  

1) Aproximación á lingua e culturas lusófonas e proximidade co galego.

 


2) Estratexias de lectura “á galega” da norma ortográfica da lingua portuguesa.  Concurso musical.

 

  3) Léxico e falsos amigos e coñecemento básico de diferenzas morfo-sintáticas lusófonas.   4) Ferramentas útiles en lingua portuguesa. Aplicación, utilidades e perfeccionamento dos coñecementos adquiridos.  As 4 horas voaron, rímonos, divertímonos, aprendemos e démonos conta que a lingua galega  pode ser unha ferramenta de comunicación a nivel internacional. Asemade, cun pequeno esforzo podemos adquirir outra nova lingua veciña: o portugués, a fin de contas non é tan diferente á nosa.

Opinade sobre as fotos que a seguir tedes e tamén sobre o obradoiro.