Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19
|
|
Reserva de praza
Listaxe asignación prazas centros adscritos
|
Do 1 ao 15 de febreiro
Antes do 28 de febreiro
|
Publicación de vacantes
|
1 de marzo
|
Presentación de solicitude de admisión |
Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Publicación de listaxes definitivas |
Antes de 15 de maio |
Formalización de matrícula |
Ed. Infantil e Ed. Primaria:
Do 20 ao 30 de xuño
Ed. Secundaria:
Do 25 de xuño ao 10 de xullo
Prazo extraordinario de Ed. Secundaria:
Do 1 ao 10 de setembro
|
Orde de admisión 25_01_2017
Impreso Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro
Para o alumnado de 4º ESO. O noso centro está adscrito ao IES Campo San Alberte.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
No menú: Solicitudes- solicitudes de reserva-crear solicitude de reserva
O xustificante desta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou no caso de dispoñer de certificado dixital poden presentalo en Sede electrónica a través da aplicación.
O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a reserva de praza no centro para o próximo curso, salvo que renuncie ao dereito de permanecia asinando o documento enviado a tal efecto ás familias.
Impreso Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo
Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro, é dicir, novas matrículas para o curso 2018/19.
Deben entregar o Anexo II: Solicitude de admisión
Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.
- Impresos de solicitude cumprimentados Anexo II
- Copia DNI dos pais, do alumno/a se o tivera e dos membros computables da unidade familiar
- Copia do libro de familia
- Tarxeta sanitaria
- Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso
- Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
- Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a.
HORARIOS DO CENTRO
LOUSAME CONCILIA: 7:45 h. – 9: 45 h.
HORARIO LECTIVO: Setembro e xuño: 9:45 h. - 14:45h.
Outubro a maio: 10:00 h. - 17:00 h.
SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: Setembro e xuño: 15:30 h.
Outubro a maio: 17:00 h.
SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS
- LOUSAME CONCILIA: Servizo de pago ofertado dende O CONCELLO. Dende as 7:45h ata ás 9:45h.
- TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente á área de influenza do centro. O alumnado de outros concellos non ten dereito ao servizos complementarios.
- COMEDOR ESCOLAR: Servizo de pago segundo renda. Dependente da Consellería de Educación. Terán dereito preferente ao servizo de comedor o alumnado con dereito lexítimo ao servizo de transporte. O resto de prazas ofertaranse ao resto do alumnado da área de influenza do centro. O alumnado de outros concellos non ten dereito ao servizos complementarios. Este alumnado poderá solicitar o servizo podendo chegar a utilizar o servizo en caso de existir prazas vacantes.
- BIBLIOTECA - INFORMÁTICA-SALA DE ESTUDO: (de valde) ofertadas polo centro, de 14:30 h. a 15: 20 h. de luns a xoves dende outubro a maio.
- ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago segundo demanda, en horario de 14:20 h. a 15:20 h., de luns a xoves e os venres de 13:40 h. a 15: 20 h. dende outubro a maio.