LER ESTÁ DE MODA !
Tic tac… Xa estamos no mes de abril e nós, aquí, xa soñamos cos libros!
Xa case todo está listo para celebrar polo alto a fin de mes, o día da creatividade e o Día do Libro !
Para estas sinaladas datas , a comunidade do CPIP no seu conxunto : o alumnado de todas as idades e os adultos ( pais, nais, conserxe, profesorado, persoal administrativo, persoal de limpeza, estudantes en prácticas…) afanáronse para participar no proxecto do fomento da lectura a través da publicidade con portadas de libros que leron e aconsellan, personalizándoas coa súa imaxe.
Agora mesmo xa temos 200 portadas feitas!
Grazas á actividade descubrimos moitos libros que xa temos ganas de ler e que apuntamos na nosa listaxe de lectura para as vacacións, ou para agasallar ás persoas que queremos. Como a novela que trata sobre o acoso escolar recomendada pola profesora de Relixión, "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras ; outros bos autores galegos como Domingo Villar recomendado por Nadia de 4º ESO ; así como autores estranxeiros, por exemplo, Joël Dicker, recomendado por Pili.
Tamén nos aconsellan novidades literarias como o libro de moda, "Os libros que hai en min" de Emma Pedreira, que triunfa nas librerías, recomendado por Saínza.
En fin, a listaxe é tan longa que resulta difícil citalos a todos. Iso si, hai libros para todos os gustos e todas as idades, paga a pena lelos!
Ademais os protagonistas da publicidade literaria fixeron un bo uso do sentido do humor e da imaxinación, daquela non perdades a ocasión de botar un ollo á exposición cando pasedes a carón de dirección ou da biblioteca.
Lembrade que se aínda non participastes e queredes facelo, estades a tempo.
Se tedes curiosidade polo proceso de elaboración das portadas, tomade nota. Empregáronse apps como Chroma key, Remove.bg, Snapseed e Blend me. O traballo fíxose cunha tea verde de fondo para que o Chroma facilitase o recorte.
Lembrar que no mes de abril tamén celebramos o Día Mundial das Nenas nas TICs!
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e polo voso interese pola lectura !
O ALUMNADO DO CPIP DE CASTROVERDE TRABALLA DURO PARA PARTICIPAR NO IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO
Este ano o concurso está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán e ao mundo editorial. Florencio Delgado G. foi un poeta, articulista, tradutor, editor e activista cultural.
Nese contexto, hoxe o alumnado da ESO do CPIP de Castroverde fixou unha entrevista ao director da librería Trama de Lugo. Falar con Carlos resultou moi enriquecedor, as súas respostas foron moi interesantes. Dende o CPIP agradecémoslle o seu tempo e a súa amabilidade.
Toda a ESO participou na elaboración das preguntas previamente á entrevista. Remedios a profesora de galego involucrouse e orientou aos rapaces coa formulación e o contido.
O son e a montaxe do podcast foi xestionado de xeito moi profesional por Cándido, o profesor de música.
As voces do podcast de hoxe foron Daniel de 2 ESO, Antonio de 3 ESO e Claudia e Cora de 4 ESO, mentres que Noa encargouse da reportaxe fotográfica.
A ver se gañamos!
MARCH MADNESS
Cada ano por estas datas desátase a tolemia no baloncesto estadounidense chamada MARCH MADNESS donde cada ano compiten os 68 equipos da máxima categoría do país, a División I da NCAA.
Para celebralo, organizamos o noso propio BRACKET ou "porra" donde o objetivo é coñecer os distintos equipos que compiten intentando acertar quen será o gran gañador deste torneo.
Noah Forslund o noso auxiliar americano achegounos a este evento tan peculiar do mundo deportivo estadounidense .
Para iso traballamos vocabulario específico, abordamos o tema de igualdade de xénero a través do deporte, explicamos as normas para cubrir o BRACKET e deixamos paso á intuición para poder acertar quen será o gañador definitivo que saberemos o 4 abril.
Compiten con dous BRACKETS (torneo femenino e torneo masculino) os 29 alumnos e alumnas de 1° e 2° de ESO.
Quen será o gañador? Teremos un premio especial para quen o consiga!!
O GALEGO E A TECNOLOXÍA NO DÍA DA ÁRBORE
Coa chegada da primavera, hoxe no CPIP o alumnado de 1 °ESO celebrou o día internacional da Árbore cunha unidade didáctica especial presentada por Marina.
Ademais de descubrir cousas novas viron a diferenza entre distintas mostras de troncos.
O Equipo de Dinamización Lingüística participou tamén na actividade cunha mostra de poemas adicados ás árbores elixidos cun gran acerto!