RECITAL DE POEMAS NA TORRE DA HOMENAXE

O venres 29 de abril vivimos un momento medieval recitando poemas de Jorge Msnrique na Torre da Homenaxe. Un momento con moita maxia!

APRENDO FRANCÉS XOGANDO

O alumnado de 4 ESO de francés organizou con maestría varios xogos de pistas en francés para os seus compañeiros de 3° ESO. 

Os maiores practicaron a expresión escrita e os máis pequenos a comprensión escrita. 

Deste xeito, o alumnado de 3°ESO interpretou por equipos as pistas en francés  e grazas a elas,  subiron e baixaron escaleiras, contaron pasos e barrotes, agacháronse e miraron debaixo dos bancos, das cadeiras e das mesas, buscaron columnas,  buscaron detrás de carteis, correron e a hora da clase pasóuselles voando! 

 

Xa sabedes que aquí poucas veces nos aburrimos!

TERTULIA DE LINGUA GALEGA SECUNDARIA

O Departamento de Lingua Galega e Literatura  organiza unha Tertulia literaria que se celebrará o día  9 de maio para  3º e 4º ESO e o 10 de maio para 1º e 2º ESO.
O tema tratado é  : "O mundo da aldea".  Comentaranse textos poéticos de diversos autores  do século XIX e, sobre todo XX, e mesmo XXI, que describen o mundo tradicional galego ,  e textos  dos medios de comunicación, basicamente noticias e reportaxes que    reflicten  o mundo rural actual con temáticas como a agricultura ecolóxica, os parques eólicos, o abandono do rural...
A tertulia  será nos Salón de Actos do CPIP de Castroverde.

Os textos da tertulia están nos arquivos adxuntos.

PADRIÑOS DE QUINTO: LENDO NO PATIO

Como na outra sesión de apadriñamentos nos gustou a idea de ler nos Ipads, repetimos actividade.  Pero desta vez, ó aire libre. Calquera lugar é bo para escoitar unha boa lectura!!! Botade un ollo!!

Distribuir contenido