5º e 6º de INFANTIL FAN UN CACHO DE CAMIÑO
O alumnado de 5 e 6 de Ed. Infantil foron esta semana facer un trozo do Camiño Primitivo que pasa polo noso Concello. Aproveitamos que temos cerquiña o albergue de peregrinos para visitar as súas instalacións e ver onde durmen os peregrinos que pasan a noite en Castroverde. Moitas gracias Natalia por ensinárnolo. Seguimos avanzando polo Camiño e chegamos ata a Igrexa de Santiago de Castroverde e aqui podedes ver como tivemos que facer un alto no camiño para repoñer forzas e beber unha pouca de auga. Cruzamonos cun peregrinos que iban en bicicleta e cunha peregrina que iba andando e dixemonos: Bo Camiño Peregrino!! Foi unha mañan moi divertida!!
PROXECTO RÍOS: 4º DE ESO COMPARTE CON EI O QUE DESCUBRIRON SOBRE O RÍO
O alumnado de 4 ESO veunos explicar ó alumnado de 6º Ed .Infantil o que observaron na visita ó Rio Chamoso dentro do Proxecto Ríos. Aprendemos moitas cousas sobre animais que nin imaxinábamos que existían. E descubrimos que a auga do Río Chamoso está libre de contaminación, asique debemos seguir coidando del. Bo traballo rapaces e rapazas!
APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO (09/06/2022): A CALIDADE DOS ALIMENTOS
Nesta práctica o alumnado de 4º da ESO preguntoulle ao alumnado de 6º da EP se tiñan coñecementos sobre a calidade dos alimentos que consumen. Mediante unha reacción química entre o lugol e o amidón comprobaron que certos alimentos ultraprocesados (mortadela, xamón cocido, peituga de pavo...) conteñen amidón, un glícido presente de forma natural nos vexetais. A explicación a isto é que engadindo amidón á carne, se conseguen máis kg de produto final, cos correspondentes beneficios para a industria cárnica.
PLAN DIRECTOR: CIBERSEGURIDADE
O mércores 8 de xuño visitounos a Garda Civil dentro do Plan Director, para traballar co alumnado de toda a ESO a ciberseguridade.
CORRESPONDENCIA EN INGLÉS EN PRIMARIA
O alumnado de cuarto de primaria empezou neste último trimestre unha correspondencia cun grupo da Ecole élémentaire Eugène Picard de Vismes au Val, en Francia. Estas son as primeiras cartas e esperamos continuar este intercambio o próximo curso.