MARCH MADNESS

Cada ano por estas datas desátase a tolemia no baloncesto estadounidense chamada  MARCH MADNESS donde cada ano compiten os 68 equipos da máxima categoría do país,  a División I da NCAA.

Para celebralo, organizamos o noso propio BRACKET ou "porra" donde o objetivo é coñecer os distintos equipos que compiten intentando acertar quen será o gran gañador deste torneo.

Noah Forslund o noso auxiliar americano achegounos a este evento tan peculiar do mundo deportivo estadounidense .

Para iso traballamos vocabulario específico, abordamos o tema de igualdade de xénero a través do deporte, explicamos as normas para cubrir o BRACKET e deixamos paso á intuición para poder acertar quen será o gañador definitivo que saberemos o 4 abril.

Compiten con dous BRACKETS  (torneo femenino e torneo masculino) os 29 alumnos e alumnas de 1° e 2° de ESO.

 

Quen será o gañador? Teremos un premio especial para quen o consiga!!