NACE RADIO PODCAST-ROVERDE

Para arrincar coa nosa radio do CPIP de Castroverde, chamada Podcast-roverde, tivemos a sorte e a oportunidade de falar cun gran artista!

Os rapaces de 3°ESO, Claudia, Antonio e Aratz fixeron unha entrevista exclusiva ao artista urbano Diego As, mundialmente coñecido polo seu grafiti de Xulio César, situado a carón da muralla de Lugo.

@s alumn@s elaboraron unha chuvia de preguntas variadas e pertinentes para manter unha charla moi interesante co artista lucense, na que merece resaltar a súa amabilidade e sinxeleza. Non vola perdades! 

Podedes acceder ao link da radio na nosa páxina web.

Continuaremos coa emisión doutras novas ao longo do curso, así que non perdades o fío!

AS PLANTAS E O LATÍN

As alumnas de latín visitaron o recuncho do horto escolar para descubrir os nomes científicos en latín de plantas de Galicia e comprobar os seus coñecementos das correspondencias en galego. 

 

O latín non é só para a xente de letras! Tamén é moi útil no mundo da ciencia, e non o di só a profesora de latín do CPIP de Castroverde, senon a lingüista Henriette Walter. Aínda hoxe, cando un estuda o vocabulario da ciencia, non lle queda outra que empregar o latín. Como ben sabemos, en química, os simbolos dos elementos  provienen do latín e do griego. En bótanica e en zoología, a terminoloxía latina segue en uso... Como vedes, estudar o latín é unha boa base para os futuros estudos!

O MURAL XA VAI TOMANDO FORMA

PROXECTO DO HORTO SOSTIBLE

Na titoría, o alumnado de 2° ESO colgou os hoteis de insectos que fixeron aredor do horto. Os insectos vannos  axudar para combater as pragas. 

Ademais, hoxe tamén usamos a tecnoloxía no horto. Os rapaces descubriron para que serve un detector de metais e como usalo na natureza. Vimos que clases de obxectos podemos atopar na terra grazas ao detector e usámolo para atopar o lixo e sanear o espazo onde imos plantar as flores e as hortalizas. 

 

Ata houbo quen atopou un tesouro!

Distribuir contenido