UNHA QUEDADA INESQUECIBLE CON FRANCIA

Hoxe o alumnado de francés de 3° e de 4° ESO tivo unha videoconferencia c@s alumn@s de Briec, do programa Eduexchanges. Ademais de e.twinning,

empregamos por primeira vez  "Big blue button" que é a actual plataforma oficial do ministerio de educación francés. Deste xeito aproveitamos a ocasión para probar cousas novas e diversificar o noso uso de ferramentas TICs! 

O encontro durou 2 horas que foron moi intensas. Os rapaces comezaron cun quizz cultural en grupo grande, seguido de 2 xogos en equipos mixtos francoespañois realizados a través de varias videoconferencias privadas simultáneas. Polo tanto, tiveron que desenvolverse sós, sen a axuda e de xeito autónomo: Todo un reto e toda unha experiencia lingüística a contrareloxo! 

Por certo, Castroverde gañou o quizz!

Ademais da comunicación verbal e do intercambio de datos culturais, houbo competitividade,  risas, colaboración, bo humor e sobretodo afianzáronse os lazos entre os rapaces.

Por ambas partes da fronteira os participantes desexan volver a verse! 

CELEBRANDO A PAZ NO NOSO CENTRO

WORKING WITH ENGLISH NEWSPAPERS

O departamento de inglés  de secundaria xunto co equipo de primaria colaboran nun dos plans de centro que axuda a dinamizar a biblioteca do nosa escola.

O alumnado analiza as  distintas seccións dun periódico  e selecciona noticias semanais. Aproveitamos o noso ENGLISH PAPER para traballar aquellas seccións mais atractivas como a noticia da semana, o chiste semanal ou curiosidades que contribuen a mellorar a competencia lingüística  do noso alumnado na lingua inglesa.

Probache a repetir a curiosidade da semana? É un auténtico  trabalinguas!

 

Cheers!!!!

PARA ENTENDER A MITOSE

 
 

 

Distribuir contenido