Skip to Content

A Asociación VIEIRO dentro da programación de PREVENCION no ÁMBITO FAMILIAR, pon en funcionamento o programa “PAIS E NAIS NO OCÉANO EDUCATIVO”, destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.

Remitimos información neste pdf (PINCHAR AQUÍ)


Acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS ao Consello Escolar e SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (enlace PDF)


A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ampliou en 25 € a axuda para adquirir material escolar para este curso 2022/2023. Esta ampliación regúlase na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar (DOG núm. 196 do 14.10.2022).

As familias que foron beneficiarias do cheque de material de 50 € para este curso 2022/2023 poden recoller na secretaría do centro o cheque de 25 € a partir das 10:30 horas do vindeiro 17/10/2022. As familias non teñen que realizar máis trámites que recoller o cheque e entregalo na librería da súa elección ao mercar material.

Utilizarase preferentemente na librería antes do 01/12/2022.

O centro nunca expedirá un novo vale, en caso de que a persoa beneficiaria ou a libraría o extravíen.


LUNS 19 DE SETEMBRO: EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

E.INFANTIL:16,00 H.

1º E. PRIMARIA: 16,00 H.

2º E. PRIMARIA: 16,30 H.

3º E. PRIMARIA: 17,00 H.

4º E. PRIMARIA: 17,00 H.

5º E. PRIMARIA: 17,30 H.

6º A/B E. PRIMARIA: 17,30 H.

 

MÉRCORES 21 DE SETEMBRO: SECUNDARIA

4º ESO e 3ºESO: 16:00 H.

1ºESO e 2ºESO: 17:00 H.

As aulas nas que se desenvolverán as xuntanzas, serán as indicadas polo profesorado correspondente que recollerá as familias nas entradas do edificio.

Esperamos que a asistencia sexa masiva, posto que estas xuntanzas son moi importantes para o desenvolvemento do curso escolar.


Bo día:

Mañá día 8 de setembro comezan as clases de infantil, primaria e secundaria no horario habitual de cada ano. Coma sempre, no caso de infantil e primaria en setembro e xuño a xornada será continua.

 

Haberá xa desde o primeiro día servizo de transporte e comedor. Neste curso 2022/2023 os buses entrarán no recinto escolar para deixar e recoller ao alumnado. É por iso que aqueles alumnos/as que non utilicen o transporte escolar terán que esperar a que os buses abandonen o centro para poder entrar e saír polo portalón.

 

CALQUERA VARIACIÓN NO USO DO TRANSPORTE DEBERÁ SER COMUNICADA CON ANTELACIÓN AO TITOR/A.

 

Está prohibido que as familias accedan ao recinto escolar a deixar ou recoller ao alumnado.

Atentamente,

O Equipo Directivo.


O correo electrónico para contactar co centro é: cpi.cabo.area@edu.xunta.gal


  • Listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas:  11/07/2022
  • Reclamacións á listaxe provisional: 12/07/2022 e 13/07/2022

  • Listaxe definitiva cos libros asignados a cada alumna/o: 14/07/2022

  • Entrega dos vales para adquirir o material escolar e libros: Do 14/07/2022 ao19/07/2022 (horario de 10:00 a 13:00 horas). Quen non recolla os vales estes días poderá facelo a partir do 01/09/2022.

 
As listaxes do fondo de libros poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro.
 
Os libros de préstamo asignados ao alumnado entregaránse despois do comezo das clases en setembro 2022.


ENTREGA DE NOTAS AVALIACIÓN FINAL DA ESO:

Entrega de notas: 27 de xuño ás 10:00 horas na súa respectiva aula co/a titor/a. Deberán entregar ese día todos os libros de préstamo ao titor/a. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2022-2023. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalo ese mesmo día. 

Publicación de notas en Abalar: 27 de xuño ás 13 horas.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica. Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula e o CELGA 3. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

PRAZO DE MATRÍCULA DA ESO:

O prazo de matrícula para o curso 2022-2023 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 25 de xuño ao 10 de xullo. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 9:00 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

3-4º ESO: 27-28 de xuño

1º-2º ESO: 29-30 de xuño

Do 1 ao 10 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poideron formalizar a matrícula nas datas indicadas.

Documentación a presentar:

Impreso de matrícula (entrégase ao alumnado o 27 de xuño xunto coas notas) 

Dúas fotografías tamaño carné actualizadas

Fotocopia de DNI e tarxeta sanitaria do alumnado e dos proxenitores/as ou titores legais.

Seguro escolar, a partir de 3º da E.S.O. 1,12€ que se abonan en secretaría no momento da matrícula (non se dará cambio, deben abonar o importe exacto).

Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.

De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza.

 



by Dr. Radut