Matrícula da ESO e información importante fin de curso
ENTREGA DE NOTAS AVALIACIÓN FINAL DA ESO:
Entrega de notas: 27 de xuño ás 10:00 horas na súa respectiva aula co/a titor/a. Deberán entregar ese día todos os libros de préstamo ao titor/a. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2022-2023. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalo ese mesmo día.
Publicación de notas en Abalar: 27 de xuño ás 13 horas.
Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica. Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula e o CELGA 3. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.
O prazo de reclamacións abranguerá os días 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.
PRAZO DE MATRÍCULA DA ESO:
O prazo de matrícula para o curso 2022-2023 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 25 de xuño ao 10 de xullo. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 9:00 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:
3-4º ESO: 27-28 de xuño
1º-2º ESO: 29-30 de xuño
Do 1 ao 10 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poideron formalizar a matrícula nas datas indicadas.
Documentación a presentar:
Impreso de matrícula (entrégase ao alumnado o 27 de xuño xunto coas notas)
Dúas fotografías tamaño carné actualizadas
Fotocopia de DNI e tarxeta sanitaria do alumnado e dos proxenitores/as ou titores legais.
Seguro escolar, a partir de 3º da E.S.O. 1,12€ que se abonan en secretaría no momento da matrícula (non se dará cambio, deben abonar o importe exacto).
Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.
De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza.