O pasado 7 de marzo, o alumnado de 4º e 5º de educación infantil participou nun obradoiro de pesca con José Manuel Ramos, mariñeiro experimentado que ensinou aos máis cativos as ferramentas e destrezas básicas da profesión. Os nenos e nenas gozaron enormemente da actividade. Moitas grazas a José Manuel por acompañarnos durante ese xornada e formar aos nosos alumnos nunha das tarefas máis emblemáticas da contorna. Aquí deixámosvos unha foto dese día, pódense ver máis fotos ver máis picando en Galería.
O alumnado de 4º de educación primaria participou no concurso da CRTVG DígochoEu, no marco das actividades fomentadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, resultando finalista do certame.
Para visualizalo, podedes velo na nosa páxina ou ben clicar na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/reel/7445934998778773
A Consellería de Educación acaba de publicar unha resolución que determina a acreditación do nivel de iniciación en competencia dixital para o alumnado de 4º que acade o título da ESO no curso 2023-2024. Non obstante, aqueles estudantes que desexen acceder ao nivel intermedio poderán presentarse a unha proba específica que se celebrará no mes de abril no centro. Se algún alumno estivese interesado en presentarse á proba, é necesario que cumprimente o Anexo IV que figura na resolución do 28 de febreiro á que se poderá acceder a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf
A data límite para a tramitación da solicitude e a súa entrega na Secretaría do centro será o xoves, 14 de marzo, ás 14h. Lembrade que o horario de atención ao público na oficina de Administración é de 09.00h a 14.00h.
Desde o día 1 e ata o 20 de marzo, permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro educativo.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR: Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada, deberase presentar:
- Libro de familia ou documento equivalente onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- Fotocopia do DNI da/o alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a patria potestade e a custodia.
- En caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, documentación xustificativa e a súa avaliación psicopedagóxica inicial.
- No caso de proceder de 5º ou 6º de educación infantil ou dalgún curso de primaria e secundaria, deberán achegar tamén a certificación académica do centro de procedencia.
Para calquera dúbida sobre a admisión de alumnado, poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880709.
Publicación das listaxes provisionais e definitivas do alumnado admitido e non admitido:
• As listaxes provisionais publicaranse o día 25.04.2024. O prazo de reclamación contra as listaxes provisionais será do 26.04.2024 ata o 03.05.2024. As listaxes definitivas publicaranse o día 15.05.2024. As listaxes provisionais e definitivas poderanse consultar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) empregando a Chave365 ou o certificado dixital e tamén no taboleiro de anuncios do Centro.
Prazos para formalizar a matrícula:
• En infantil e primaria: Do 20.06.2024 ata o 30.06.2024
• En ESO: Do 23.06.2024 ata o 07.07.2024
Normativa aplicable:
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O xoves, 21 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do centro preparou diversas actuacións musicais e teatrais co fin de celebrar o comezo dos festexos do Nadal, participando no xa tradicional Festival de Inverno do CPI Plurilingüe Cabo da Area. Para visualizar o espectáculo, non deixedes de clicar nas seguintes ligazóns.
Actuación do alumnado de educación infantil
Actuación do alumnado de 1º de educación primaria
Actuación do alumnado de 2º de educación primaria
Actuación do alumnado de 3º de educación primaria
Actuación do alumnado de 4º de educación primaria
Actuación do alumnado de 5º de educación primaria
Primeira parte da actuación do alumnado de 6º de educación primaria
Segunda parte da actuación do alumnado de 6º de educación primaria
O mércores, 20 de decembro, os Reis Magos visitaron ao alumnado de educación infantil e os primeiros cursos de primaria para recibir os saúdos agarimosos dos nosos estudantes e as cartas que prepararon coas súas peticións para o Nadal.
O martes, 19 de decembro, o alumnado de educación infantil e primaria do centro recibiu a visita de Papá Noel, que se achegou ás instalacións do CPI Plurilingüe Cabo da Area para compartir agasallos e os seus mellores desexos para o Nadal cos estudantes de menor idade.
Destinarios:
- O alumnado procedente da EEI de Traba.
- O alumnado de 4º ESO que desexe iniciar os estudos de bacharelato no IES Eduardo Pondal (Ponteceso).
Se, pola contra, desexan que vaian a outro centro educativo distinto dos anteriores, deberán agardar ao prazo ordinario de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.
Documentación a presentar:
- Solicitude de reserva – anexo I e anexo I-bis (Documento: ED550A)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras
Presentación da solicitude:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentarse na secretaría do centro educativo onde está matriculado o/a alumno/a no presente curso 2023/2024.
Publicación das listaxes de admitidos:
O día 22 de febreiro de 2024 publicarase a listaxes de admitidos mediante reserva de praza no centro onde está matriculado o/a alumno/a no presente curso 2023/2024.
IMPORTANTE:
O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de reserva nin de admisión.
Tal e como o recolle a Orde do 4 de xaneiro de 2024, neste centro, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico (agás o ordenador Edixgal, dado que se trata dunha ferramenta didáctica de uso diario para o desenvolvemento das distintas materias) durante os períodos lectivos (horas de clase) e non lectivos (as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar, de desprazamento no transporte escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares).
Recoméndase ao alumnado que evite asistir ao centro con teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, xa que en caso de acudir con eles, durante os citados períodos lectivos e non lectivos, o alumnado deberá mantelos inactivos e debidamente gardados, sen estar á vista.
De incumprirse esta norma, os aparellos serán requiridos ao alumnado e custodiados no centro (Artigo 11.3 da Lei 4/2011) ata a súa recollida por parte dos seus titores legais ou persoa en quen delegue, e ademais, acompañarase da medida correctora correspondente.
Tan só, e cando o docente o solicite, poderanse empregar como ferramenta pedagóxica. Neste caso, o profesorado remitirá unha autorización ás familias.
Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.
Prezadas familias,
Como sabedes, o centro está a organizar unha carreira solidaria que tiñamos previsto realizar en datas próximas. Non obstante, debido ao mal tempo continuado que vimos sufrindo nas últimas semanas, esta actividade aprázase ata unha data aínda por determinar. En canto contemos con máis datos ao respecto, volveremos a informarvos.
As familias que desexen participar deberán aboar o custo da inscrición antes do inicio do evento nunha caixa que haberá ao carón da saída da carreira e completar previamente o seguinte formulario de inscrición: https://forms.gle/pUMtMJv9MFKM6K6h8
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »