O alumnado de 1ºESO saca á luz os froitos da exposición oral feita en Lingua Castelá e Literatura este trimestre, cuxo título é UN METRO CUADRADO DE MI MUNDO. Este traballo consistía en escoller de 5 a 10 obxectos que definiran a cada alumno/a, a partir dos cales realizaron unha presentación oral na aula falándolos deles/as mesmos/as.
Segundo as instrucións do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 o vindeiro venres 17/12/2021, procederase ao resparto na aula, de máscaras entre o alumnado beneficiario do cheque de axuda para material escolar 2021/2022. As máscaras, seguindo as citadas instrucións, son hixiénicas, reutilizables ata 50 lavados (cumpren a normas UNE 0065), e serán entregadas 3 por neno/a.
Equipo Directivo
O alumnado do CPI Plurilingüe Cabo da Area, un ano máis rexeita a violencia de xénero, unha lacra social que ten a moitas mulleres e nenas sumidas no medo e na inseguridade. Nesta e en moitas escolas do mundo contamos coa ferramenta máis eficaz para o cambio, A EDUCACIÓN E O FEMINISMO.
Aquí deixamos a nosa contribución a este día, unha canción e unhas palabras que contan moito e valen moito.
Grazas pola vosa colaboración, a igualdade de oportunidades e o fin do machismo son posibles!!!!
FAMILIAS: MÉRCORES 24, DE 17,00 A 20,30 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.
ALUMNADO: MÉRCORES 24, DE 09,00 A 10,00 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.
PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: MÉRCORES 24, DE 09,15 A 10,15 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.
PROFESORADO: XOVES 25, EN CLAUSTRO EXTRAORDINARIO ÁS 17,00 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.
VOTAR É ASUMIR A RESPONSABILIDADE QUE COMO INTEGRANTES DA COMUNIDADE EDUCATIVA TEMOS TODAS E TODOS!!!!
Hoxe, ás 18,30 no edificio de Educación Infantil e Primaria, celebrarase unha charla, da man da ASOCIACIÓN VISIBLES, onde se falará sobre a importancia do papel das familias e do profesorado na educación para a igualdade da nosa infancia e mocidade. Temos moito que aprender, polo que é moi importante PARTICIPAR.
Esperámosvos!!!!
O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro INFÓRMANOS de que resultamos FINALISTAS do XX CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO “XOSÉ MANUEL EIRÍS”.
Primeira categoría (grupos de nenas e nenos de Educación Infantil e/ou Primaria):
- GRUPO: XOANIÑA, do CEIP CANOSA-RUS, O exemplo a seguir
- GRUPO: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA, O conto dos sete medos
Segunda categoría (grupos de nenas e nenos de ESO, Bacharelato e/ou CF):
-GRUPO: AREEIRAS, do CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA, Segredos abertos
-GRUPO: CALCETÍNS, do IES ALFREDO BRAÑAS, Unha avoa a catro patas , calcetíns e garabatas
ENTREGA DE PREMIOS o domingo 14 de novembro ás 18.00 h no auditorio do pazo de Cultura de Carballo.
Neste acto, os gañadores volverán a realizar a lectura dramatizada da súa obra para todo o público asistente. O acto estará presentado por Fran Rei, que ademais de ser o mestre de cerimonias realizará o espectáculo Superheroe destinado a público familiar.
A entrada é libre ata completar aforo, sendo obrigatorio o uso da máscarapara tódolos/as asistentes.
Animádevos a acompañarnos!!!!!
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR
(ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS)
DO 5 AO 12 DE NOVEMBRO DE 2021 EN HORARIO DE 09,00 A 14,00 H.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: SECRETARÍA DO CENTRO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »