Skip to Content

FINALISTAS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE OUTONO DE TEATRO

O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro INFÓRMANOS de que resultamos FINALISTAS do XX CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO “XOSÉ MANUEL EIRÍS”.

Primeira categoría (grupos de nenas e nenos de Educación Infantil e/ou Primaria):

- GRUPO: XOANIÑA, do CEIP CANOSA-RUS,  O exemplo a seguir

- GRUPO: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA, O conto dos sete medos

Segunda categoría (grupos de nenas e nenos de ESO, Bacharelato e/ou CF):

-GRUPO: AREEIRAS, do CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA, Segredos abertos

-GRUPO: CALCETÍNS, do IES ALFREDO BRAÑAS, Unha avoa a catro patas , calcetíns e garabatas

ENTREGA DE PREMIOS o domingo 14 de novembro ás 18.00 h no auditorio do pazo de Cultura de Carballo. 

Neste acto, os gañadores volverán a realizar a lectura dramatizada da súa obra para todo o público asistente. O acto estará presentado por Fran Rei, que ademais de ser o mestre de cerimonias realizará o espectáculo Superheroe destinado a público familiar. 

A entrada é libre ata completar aforo, sendo obrigatorio o uso da máscarapara tódolos/as asistentes.

Animádevos a acompañarnos!!!!!



page | by Dr. Radut