Horario lectivo:
Horario de atención ao público en administración:
9:00 - 14:00 horas
Contacto:
CPI Plurilingüe Cabo da Area
Rúa Isidro Parga Pondal, nº45
15118 Laxe
881 88 07 09
cpi.cabo.area@edu.xunta.gal
Remítese a continuación a relación de candidaturas presentadas nos distintos sectores para a súa participación no proceso de eleccións ao Consello Escolar:
Circular informativa coa relación de candidaturas do sector do alumnado.
Circular informativa coa relación de candidaturas do sector das nais, pais e titores/as legais.
Circular informativa coa relación de candidaturas do sector do persoal de administración e servizos.
Circular informativa coa ausencia de candidaturas do sector do profesorado.
Prezadas familias:
Remitimos nos seguintes enlaces información sobre as eleccións ao Consello Escolar:
- Calendario relativo ao proceso de eleccións ao Consello Escolar (CLICK AQUÍ)
- Circular informativa que recolle as indicacións para a tramitación das candidaturas dos distintos sectores (alumnado, familias, profesorado e PAS) e proceso de votación para a proclamación dos candidatos electos. (CLICK AQUÍ)
O centro está de parabéns, o alumnado de Oratoria de 4º da ESO do pasado curso co seu profesor Sergio Pereira Bendaña, son finalistas do concurso de curtametraxes "IV Premios Fouciño" coa curtametraxe titulada "Ataque de pánico. Un, dous, tres".
O sábado 2 de Novembro, proxectaranse a partir das 18:00 na Praza Jorge Mira de Baio todas as curtametraxes presentes na categoría escolar e ás 21:00 farase entrega dos premios. (Máis información premendo aquí)
Se queredes ter máis información sobre o festival deixámosvos aquí a web: https://premiosfoucino.concellodezas.org/
No presente ano aumentamos un curso máis ao proxecto E-Dixgal, abarcando xa 5º e 6º de Primaria e na Secundaria 1º e 2º. Para facilitar este proceso deixámosvos a seguinte información:
- Web de E-Dixgal con información paras familias.
- Díptico do Servizo Integral de Reparación.
- Enlace á paxina web na que se contrata o seguro Cobertura SIR.
- Normas de uso ordenadores E-Dixgal.
O venres, 4 de outubro de 2024, o CPI Plurilingüe Cabo da Area celebrará, outro ano máis, a carreira solidaria para apoiar á Fundación Unoentrecienmil, que loita para impulsar a curación da leucemia infantil. (Fotos da carreira na Galería)
Este evento terá lugar a partir das 9:50 horas no paseo marítimo de Laxe, nas inmediacións do centro educativo.
Todo o alumnado matriculado no centro que desexe participar deberá facer unha aportación mínima de 1€ en concepto de inscrición. A data límite para entregar o diñeiro ao seu titor/a será o martes, 1 de outubro de 2024.
As familias que desexen participar deberán aboar o custo da inscrición antes do inicio do evento nunha caixa que haberá ao carón da saída da carreira e completar o seguinte formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfptMDmK0QhKqyigvGFEO4ol-85HluTwSi3fqBIAJCeSj2ZOw/viewform?usp=sharing
Durante a celebración do evento, aceptaranse donativos na mesma caixa de inscrición.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
Prezadas familias:
Indícase a continuación a relación de datas e horas para a celebración das xuntanzas iniciais entre as persoas titoras de cada grupo de educación primaria e secundaria e os pais, nais e titores/as legais do alumnado:
1º e 2º de educación primaria: Luns, 16 de setembro, ás 16.00h.
3º e 4º de educación primaria: Luns, 16 de setembro, ás 17.00h.
5º e 6º de educación primaria: Luns, 16 de setembro, ás 18.00h.
3º e 4º ESO: Mércores, 18 de setembro, ás 16.00h.
1º e 2º ESO: Mércores, 18 de setembro, ás 17.00h
O lugar de recepción será a entrada principal dos edificios de primaria e secundaria, respectivamente. A continuación, as familias de cada grupo acompañarán á persoa titora correspondente á aula de referencia.
Lembramos que se abordarán asuntos relacionados co funcionamento do centro, xunto con outras consideracións de importancia para o desenvolvemento de cada grupo. Polo tanto, recomendamos a máxima asistencia posible.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
Prezadas familias:
O vindeiro mércores, 11 de setembro, dará comezo o curso 2024-2025.
O alumnado de 4º de educación infantil participará nun período de adaptación ao contexto escolar, seguindo as indicacións que proporcionará a persoa titora na xuntanza que manterá esta semana coas familias do seu grupo. O resto dos estudantes de educación infantil e primaria iniciarán as clases no horario correspondente ao mes de setembro (de 09.15h a 14.15h para as sesións lectivas e de 14.15h a 15.00h para a quenda única do comedor, no caso de aqueles/as alumnos/as que sexan usuarios/as do mesmo).
Pola súa parte, os/as estudantes de educación secundaria incorporaranse ás clases no seu horario habitual (de 08.45h a 14.05h os luns, mércores, xoves e venres; de 08.45h a 13.30h e de 16.10h a 18.40h os martes).
Benvidos a todos e todas!
Prezadas familias:
O centro permanecerá pechado durante o mes de agosto. Ante calquera urxencia, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: cpi.cabo.area@edu.xunta.gal
Bo verán.