Skip to Content

Empatizamos?

Memoria | Hoy Quiero Hablar de

 

Esta actividade está pensado para o alumnado dos cursos: 3º 4º 5º 6º  de Educación Primaria.

A actividade que aquí vos propoño é moi interesante e é necesario que fagades uso da vosa empatía! É importante aprender e saber a poñerse no lugar do outro. Na clase, cando conversamos... eu dígovos moitos veces... se vós forades profes e eu fixera....... Que pasaría? 

Pois... por iso quero que observedes as seguintes fotos e contestedes as preguntas.... Ides precisar de empatía, imaxinación e interpretación! 

Lembrade: " mirade cos ollos do outro, escoitade cos oídos do outro e sentide co corazón do outro"

ILUSTRACIÓN 1 

    Que relación teñen as persoas da foto? Como o sabes?

Que pasou entre elas? Como o sabes?

Como cres que se sinte a nena? Por que cres que se sinte así?

Que cres que vai pasar a continuación?

 

ILUSTRACIÓN 2 

Onde se fixo esta foto? Como o sabes? 

En que época do ano fixeran o foto? Por que o sabes?

Como se sinte a moza? Por que cres que se sinte así?

Que cres que vai facer despois deste momento?

 

Agardo as vosas respostas no noso correo electrónico!!

Espérovos... 

Un aperta vitual da profe Cris.



story | by Dr. Radut