ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA SER COLABORADOR/A DO COMEDOR ESCOLAR
A partir de hoxe poden entregar en administración do centro o impreso de solicitude para ser colaborador/a do comedor escolar.
Teñen a posibilidade de ser colaboradores/as, as nais e pais, titores legais e acolledores do alumnado matriculado no curso 2024/25 no CPI de Bembibre. No suposto de que non se cubriran a totalidade das prazas co persoal anteriormente comentado, poderían ter acceso persoas que reúnan a condición de familiar dalgún alumno/a comensal, excolaboradores deste servizo, así como persoal que participe en programas de voluntariado social (concellos, ONGs).
Os/as seleccionados cobrarán unha gratificación da Consellería de Educación de 12,50 euros diarios por día de colaboración, tendo a posibilidade de xantar eses días de forma gratuita antes do inicio da garda, se así o desexan.
Os impresos de solicitude están á súa disposición na administración do centro.