Skip to Content

Aurelio e as vogais

Para comezar esta nova semana vouvos a deixar un conto  titulado “Aurelio” no que un morcego rouba as cinco vogais para facer o seu nome. Con este conto repasaremos o aprendizaxe das cinco letras vogais en minúscula.

 

 

Trala visualización do conto propóñovos varias actividades. Na primeira deberán atrapar (rodear) cada vogal dunha cor diferente e colorear ao morcego Aurelio. Podedes imprimir as fichas que vos deixo en documentos adxuntos ou crear as vosas propias fichas na casa. Velaquí un exemplo de como debería quedar unha vez realizada polos nenos.

 

Se buscamos as cinco vogais noutros nomes a cousa pódese complicar, pero seguro podedes atrapar as mesmas sen problema. Para atrapar as vogais noutros nomes precisamos escoller o nome de dúas das profes por exemplo: NOELIA e CATUXA. Intentade ler e descubrir as súas vogais e logo rodealas. Unha vez feito co nome d@s profes podedes colocar os nomes dos vosos "compis" de clase. Recordade que podedes escribir os nomes vos sos, repasar puntiños, empregar letras maiúsculas ou minúsculas... 

Déixovos a ficha co nome das profes en Anexos (documentos adxuntos) para identificar as vogais.

 

Outra actividade podería ser titulada “como soa?” No conto aparecen diferentes palabras formadas imitando sons reais. Cos coñecementos que xa temos acerca das vogais podedes descargar un pequeno caderno que vos deixo se premedes na imaxe. A primeira imaxe do caderno descargable é unha vaca, podedes escribir o “U” ou o “MUUUU” completo.

 

 

Unha actividade máis manipulativa pode ser a denominada “Os tarros do morcego Aurelio”. Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal. 

 

 

Para rematar, como non sei qué tal levades o caderniño de vogais... Déixovos máis fichiñas de repaso das mesmas, en minúscula, para aqueles casos que xa o rematarades. Premede na imaxe e levaravos a unha carpeta de Pinterest onde podedes descargar moitas actividades.

AnexoTamaño
ficha nome Aurelio (maiúsculas).pdf1013 KB
ficha nome Aurelio (minúsculas).pdf1012.21 KB
Nome profes.pdf207.2 KB


page | by Dr. Radut