SOLICITUDE DE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2020/21
O 19 de maio de 2020 publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nos arquivos adxuntos poden descargar os anexos da solicitude e o resumo da convocatoria.
Prazo: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
As solicitudes poden presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada ou ben nos centros de forma presencial, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para a presentación no centro a Secretaría estará aberta de 10 a 14 horas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Anexo I.pdf | 1.6 MB |
Anexo II.pdf | 858.41 KB |
Resumo da convocatoria.pdf | 57.01 KB |