Skip to Content

Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros 2024/2025

Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes definitivas do fondo de libros para o  alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2024/2025.

IMPORTANTE: Tal e como figura na listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025, a todo o alumnado de 1º da ESO prestaráselle o libro de Tecnoloxía e Dixitalización e a todo o alumnado de 3º da ESO prestaráselle o libro de Física e Química.

Polo tanto, ningún alumno de 1º e de 3º da ESO ten que mercar ningún dos libros indicados anteriormente.

Calendario escolar para o curso 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Neste calendario faltan por indicar os dous días non lectivos que pode escoller o consello escolar do centro, de acordo coa Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Cando se elixan, previsiblemente no mes de setembro, indicaranse neste calendario.

Solicitudes do comedor escolar para o curso 2024/2025

Publícase unha nota informativa sobre as solicitudes para utilizar o comedor escolar no vindeiro curso 2024/2025 e o anexo II modelo de autodeclaración e especificacións.

AdxuntoTamaño
Nota informativa sobre as solicitudes para o comedor escolar 2024_2025.pdf133.47 KB
ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS 2024_2025.pdf162.46 KB

Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2024/2025

No ficheiro adxunto pódense consultar as datas nas que se publicarán as listaxes do fondo de libros e nas que se entregarán os vales coas axudas de material e de libros para o curso 2024/2025.

AdxuntoTamaño
Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2024_2025.pdf159.46 KB

Listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

No ficheiro adxunto publícase a listaxe de libros de texto deste centro para o curso 2024/2025.

AdxuntoTamaño
Listaxe libros de texto 2024-2025.pdf258.1 KB

Impresos de matrícula en ESO para o curso 2024/2025

Nos ficheiros adxuntos atópanse os impresos de matrícula de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO para o curso 2024/2025. O prazo de matrícula abrangue do 24.06.2024 ao 08.07.2024 (ambos incluídos). O alumnado que xa está matrículado no centro neste curso 2023/2024 só debe presentar:

- 1º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.

- 2º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.

- 3º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado, a fotocopia do DNI do alumno/a e o xustificante de pago do seguro escolar (ver o último recadro do impreso de matrícula para o pago do seguro).

- 4º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado e o xustificante de pago do seguro escolar (ver o último recadro do impreso de matrícula para o pago do seguro).

AdxuntoTamaño
Matrícula 1º ESO 2024-2025.pdf48.02 KB
Matrícula 2º ESO 2024_2025.pdf50.89 KB
Matrícula 3º ESO 2024_2025.pdf88.98 KB
Matrícula 4º ESO 2024_2025.pdf101.37 KB

Fondo de libros e axudas para material e para libros 2024/2025

Nos ficheiros adxuntos pódese consultar a nota informativa sobre o fondo de libros, as axudas para a adquisición de material escolar e as axudas de libros para o curso 2024/2025 e o formulario de solicitude (anexo I e II).

AdxuntoTamaño
Nota sobre fondolibros_axudaslibros_axudasmaterial_2024_2025.pdf194.96 KB
Solicitude fondolibros axudas libros e material ED330B 2024_2025 anexo I e anexo II.pdf3.49 MB

Listaxe do alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025

Pódese consultar a listaxe do alumnado admitido e non admitido neste centro para o curso 2024/2025 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte da conserxería).

Admisión de alumnado para o curso 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

AdxuntoTamaño
Solicitude de admisión ordinaria ED550B-G.pdf1.39 MB
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2024-2025.pdf306.2 KB
Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar

eduCABANA

 

by Dr. Radut