Skip to Content

Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros 2024/2025

Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes definitivas do fondo de libros para o  alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2024/2025.

IMPORTANTE: Tal e como figura na listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025, a todo o alumnado de 1º da ESO prestaráselle o libro de Tecnoloxía e Dixitalización e a todo o alumnado de 3º da ESO prestaráselle o libro de Física e Química.

Polo tanto, ningún alumno de 1º e de 3º da ESO ten que mercar ningún dos libros indicados anteriormente.



Punto Laranxa contra o acoso escolar
page | by Dr. Radut