Skip to Content

Relixión

RETOS MOTRICES DE PERCUSIÓN CORPORAL

RETOS MOTRICES DE PERCUSIÓN CORPORAL


Son coñecidas polos docentes de Educación Fíisca, as recomendacións da OMS de que os nenos e adolescentes deben realizar polo menos unha media de  60 minutos diarios de actividade física principalmente aeróbica, de intensidade moderada a vigorosa e limitar o tempo dedicado a actividades sedentarias como os videoxogos e tempo de lecer en pantallas. Na actualiadade , aproximadamente o 81% dos nenos adolescentes ( 11 -17 anos ) no mundo non o conseguen.En Espaá, concretmaento o informe Pasos da Gasol Foundantion en 2019. indican que as tendencias seguen a empeorar nos máis novos. Isto tradúcese en escolares mais sedentarios e cunha maior prevalenciade problemas de súde física, psicosocial e cognitiva.

 

Para afrontar isto, sabemos que as horas de educación física non son suficientes, e debemos trasladar máis alá do horario lectivo as prácticas motrices e incrementar así a carga de actividade física diaria. Dende o departamento de Educación Física promovemos extender máis alá do CPI os contidos da área, buscando a través da dinámica de aprendizaxe en retos principalmente a autosuperación e esforzo en retos motrices. 

 

Nesta situación de aprendizaxe solicitamos a execución en grupos de patróns rítmicos de percusión corporal , os cales demandan para a súa asimilación e afianzamento a práctica individual do alumnado , tanto dentro como fora do horario lectivo, incentivando e motivando o alumnado a superarse mediante práctica no seu tempo de lecer. 

 

A continuación amosamos a modo de exemplo de imaxes dos patróns rítmicos solicitados e un enlace a un vídeo de evidencias de aprendizaxe que se lle solicitan os alumnos e feita por un dos grupos.

 

 

DEPARTAMENTO

No curso académico 2023/2024 o Departamento de Educación Física está formado polo seguinte profesor:

 

 José Manuel Varela Suárez

 

Imparte as materias seguintes:


Relixión 1º ESO/2º ESO/3º ESO

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut