Admisión de alumnado para o curso 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.
Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.
Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.
Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude de admisión ordinaria ED550B-G.pdf | 1.39 MB |
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2024-2025.pdf | 306.2 KB |
Vídeo do Día da Paz 2024
Versión realizada polo alumnado do CPI As Revoltas da canción "No dudaría" de Antonio Flores, para a celebración do Día da Paz no curso 2023/2024.
Solicitude de reserva de praza para o curso 2024/2025
O prazo de solicitude de reserva de praza en centros adscritos está aberto dende o 15.01.2024 ata o 05.02.2024 (ambos incluídos).
Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do CRA Nosa Señora do Faro que vaia cursar 3º de educación primaria no vindeiro ano académico 2024/2025.
Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso ou no IES Maximino Romero de Lema de Baio no vindeiro ano académico 2024/2025, poderá solicitar a reserva de praza.
A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, presentarase no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.
Posteriormente, do 01.03.2024 ao 20.03.2024 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2024/2025. Sobre esta admisión ampliarase a información máis adiante.
Para máis información pódese consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude de reserva de praza ED550A-G.pdf | 1.23 MB |
Solicitude de prazas nos centros residenciais docentes para o alumnado que curse Bacharelato ou Formación profesional
Apertura do prazo para solicitar praza nos Centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para estudantes que vaian
cursar Bacharelato ou Formación profesional no curso 2023/2024 e que procedan de localidades onde non exista a oferta académica
que cursan nin teñan posibilidade de ir a outras zonas limítrofes.
PRAZO:
Alumnado matriculado en Bacharelato: do 7 de xuño ó 12 de xullo de 2023.
Alumnado matriculado en Formación Profesional: do 7 de xuño ó 1 de agosto de 2023.
Periodo extraordinario: entre o 4 e o 8 de setembro de 2023.
SOLICITUDE:
Poderán solicitar praza de residencia, preferiblemente a través da sele electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED306A&ano=2023&numpub=1&lang=es
Axudas para alumnado con NEAE curso 23/24
O PRAZO para a solicitude vai dende o 8 de maio ó 20 de setembro de 2023
A solicitude débese facer a través da páxina web do Ministerio de educación, no seguinte enlace:
Aquí pódese consultar os tipos de axudas e o alumnado destinatario das mesmas:
No seguinte enlace pódense consultar os pasos a seguir para a solicitude:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
No ficheiro adxunto pódese consultar a convocatoria para o curso 23/24.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria-NEAE-curso-2023_2024.pdf | 331.35 KB |
Bolsas para cursar estudos postobrigatorios curso 23-24
O prazo para presentar a solicitude vai dende o 27 de marzo do 2023 ata o 17 de maio do 2023.
A solicitude poderase realizar a través da sede electrónica, no seguinte enlace:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1556
No seguinte enlace pódense consultar os pasos a seguir:
Nos ficheiros adxuntos achégase a convocatoria para este curso e un resume da mesma.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bolsas estudios postobrigatorios 23_24.pdf | 64.35 KB |
Convocatoria General 2023_2024 firmada.pdf | 586 KB |
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
Neste PDF veñen recollidas as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf | 85.42 KB |