Skip to Content

Solicitude de reserva de praza para o curso 2024/2025

O prazo de solicitude de reserva de praza en centros adscritos está aberto dende o 15.01.2024 ata o 05.02.2024 (ambos incluídos).

Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do CRA Nosa Señora do Faro que vaia cursar 3º de educación primaria no vindeiro ano académico 2024/2025.

Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso ou no IES Maximino Romero de Lema de Baio no vindeiro ano académico 2024/2025, poderá solicitar a reserva de praza.

A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, presentarase no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.

Posteriormente, do 01.03.2024 ao 20.03.2024 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2024/2025. Sobre esta admisión ampliarase a información máis adiante.

Para máis información pódese consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

AdxuntoTamaño
Solicitude de reserva de praza ED550A-G.pdf1.23 MB


Punto Laranxa contra o acoso escolar
page | by Dr. Radut