Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

AdxuntoTamaño
Solicitude de admisión ordinaria ED550B-G.pdf1.39 MB
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2024-2025.pdf306.2 KB


Punto Laranxa contra o acoso escolar
page | by Dr. Radut