FPB Actividades domésticas e limpeza de edificios
- Grao: Básico (LOMCE).
- Duración: 2000 horas.
- Oferta no CIFP A Xunqueira: Réxime ordinario presencial (tarde)
- Que título se obtén?: Profesional básico en actividades domésticas elimpeza de edificios
Que se aprende a facer?
Actividades domésticas de limpeza, cociña, coidado de roupa e apoio a persoas no ámbito doméstico, así como realizar operacións básicas de limpeza en edificios, oficinas e locais comerciais, seguindo instrucións e respectando as normas de calidade e a normativa ambiental e de seguridade e hixiene no traballo vixente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira .
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en domicilios particulares e en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño, no sector da limpeza e hixiene de calquera clase de edificios, locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias, elementos de transporte (terrestre, aéreo ou marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana. Desempeñará as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa de persoal responsable, e poderá traballar de xeito autónomo ou integrarse nun equipo de traballo.
Para completar esta información descarga o seguinte documento: