Departamento de Relación con Empresas
O Departamento de Relacións coas Empresas é o encargado de realizar as seguintes funcións:
- Coordinar as actuacións para a formación en centros de traballo e realización de prácticas profesionais non laborais, apoiando a promoción de convenios de colaboración con empresas, entidades ou organizacións.
- Xestionar, en colaboración co Departamento de Información e Orientación Profesional a bolsa de emprego do centro e en coordinación co organismo competente en materia de emprego.
- Contactar coas empresas da contorna para dar a coñecer as actividades e servizos ofertados polo centro.
- Potenciar as estancias formativas do profesorado nas empresas.
- Elaborar unha memoria final na que se avalíe o desenvolvemento das accións formativas.
- Todas aquelas que relacionadas coas empresas e o sector produtivo que se lles indiquen.
Novas | |
Empresa |