Coordinación TIC
O grupo de traballo de Coordinación TIC ten as seguintes funcións:
- Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnolóxicos do centro, e nos programas de formación do profesorado.
- Fomentar a participación do profesorado na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
- Establecer as relacións necesarias coas administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
- Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web do CIFP.
- Establecer canles para a difusión e o intercambio de experiencias, proxectos e información con outras entidades educativas.
- Colaborar coa xefatura da área de Administración, na xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipamento.
- Velar polo mantemento das instalacións e do equipamento informático.
- Realizar propostas para o establecemento das normas de uso das tecnoloxías da información dispoñibles no centro.
- Apoiar ao profesorado na integración das TIC nos programas formativos.
- Aquelas funcións que lle asigne a xefatura do Departamento de Calidade e innovación, dentro do seu ámbito de actuación.