Lexislación
Persoal de Administración e Servizos.
O persoal de administración e servizos e de atención educativa e complementaria dos institutos de educación secundaria terá os dereitos e obrigacións establecidos na lexislación do persoal funcionario ou laboral que lle resulte de aplicación.
O persoal de Administración e Servizos ou persoal non docente está constituído polo persoal administrativo, os ordenanzas e o persoal de limpeza dependente da Xunta de Galicia. O persoal non docente (PAS) forma parte da comunidade educativa e colabora na vida do Centro mediante a realización das tarefas encomendadas a cada un dos seus compoñentes. O persoal non docente (PAS) estará as ordes directas do Secretario/a do Centro.
Dereitos do persoal non docente (PAS)
- 1. Gozar do respecto e consideración a súa persoa e as funcións que desempeñan.
- 2. Elixir ós seus representante no Consello Escolar do Centro e desempeñar os cargos para os que fosen elixidos.
- 3. Celebrar reunións nos locais do Centro entre eles e cos seus representantes sindicais, respectando o normal desenvolvemento das súas actividades e do funcionamento do centro.
- 4. Presentar peticións, queixas ou recursos, formulados razoablemente e por escrito ante o órgano de goberno que corresponda.
- 5. Todos aqueles que a Constitución Española e a normativa legal correspondente lles afecte.
Deberes do persoal no docente (PAS)
- 1. Exercer as súas funcións con arranxo ás disposicións establecidas no seu nomeamento ou contrato, respectando o Plan de Centro.
- 2. Adoptar unha actitude de colaboración e respecto cara a todos os membros da comunidade educativa e favorecer a convivencia para facilitar o cumprimento dos obxectivos do centro.
- 3. Coñecer e cumprir este Regulamento naquelo que lles afecte.
- 4. O persoal da Administración realizará o traballo correspondente a Administración e Secretaría (matriculación, control de actas de cualificacións, expedición de certificados, xestión de títulos, arquivo, rexistro de entradas e saídas, etc.) e utilizará os recursos técnicos e informáticos necesarios para levar a cabo o seu traballo.
- 5. O persoal de limpeza encargarase de manter limpas e en boas condicións hixiénicas todas as dependencias do centro, que teñan asignadas.
- 6. Os ordenanzas terán ó seu cargo a atención ó teléfono e o control de portas, a realización dos traballos de copistería, a vixilancia dos corredores durante as clases e o recreo, evitando a permanencia dos alumnos nos mesmos, e a realización de encargos no exterior do Centro encomendados polos membros da Xunta Directiva, así como aqueles traballos recoñecidos expresamente no seu convenio colectivo e aqueles outros da mesma ou similar natureza que lles poidan ser encomendados por algún membro do equipo directivo.
Empresa adxudicataria do servizo de limpeza e mantemento
O persoal non docente correspondente á empresa adxudicataria do servizo de limpeza e mantemento ten dereito a gozar do respecto e consideración a súa persoa e ás funcións que desempeñan. O seu horario laboral e condicións de traballo son marcadas pola empresa de acordo ó convenio suscito coa Delegación Provincial e á planificación que estableza o equipo directivo do centro. Estarán suxeitos á normativa laboral que corresponda. No exercicio do seu traballo, o persoal da empresa adxudicataria deberá adoptar unha actitude de colaboración e respecto cara a todos os membros da comunidade educativa e favorecer a convivencia para facilitar o cumprimento dos obxectivos do centro.