Novas datas para as probas de acceso a ciclos
Ciclos medios:
Calendario e información actualizada
Modificacións das programacións por mor da situación COVID-19
Publícanse as modificacións das programacións dos módulos profesionais. Podes consultar a información nos arquivos adxuntos.
Se queres que a lectura te acompañe nestes días, visita a biblioteca de préstamo de libros electrónicos
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seuespazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atoparádous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídasnestas dúas contornas poderánlerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderáfacelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?
Para poder acceder a GaliciaLecómpre:
- Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
- Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unhaconta de correo electrónico.
Importante: Anota ou captura o contrasinal que che proporciona a plataforma, xa que está a haber algúns problemas coa recepción do correo electrónico cos datos de rexistro. Despoispoderáscambialaxa dentro da plataforma.
Podedesler os libros dende o navegador, ou na app descargable ebiblio (Android ou Apple).
Aproveitadealgúns momentos de lecer no confinamento coa lectura dunbo libro.
II Feira de emprendemento
Un kit de primeiros auxilios cun envase peculiar, empresas de vending implicadas na reciclaxe, parafarmacias que ofrecen novos servizos, modelos anatómicos distintos, terapias dirixidas a determinados colectivos, negocios baseados na utilización de apps son algunhas das ideas emprendedoras que mostraron os alumnos e alumnas do ciclo de grao superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico e do ciclo de grao medio de Farmacia e Parafarmacia, durante a celebración da “II Feira de emprendemento” celebrada no noso centro os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2020.
Parabéns polas ideas e moitas grazas pola vosa participación.
CHARLA DE COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL
O xoves 23 de xaneiro, o alumnado do segundo curso do ciclo de anatomía patológxica e citodiagnóstico, partipou nunha sesión impartida por Teresa Balado, técnica da Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP, sobre as posibilidades que ofrece o cooperativismo e a Economía social como forma de emprendemento.
2º premio Eduemprende Idea: "Luscofusco. The Braille's T-Shirts"
Dúas alumnas do noso centro, Thalía Diego Martínez e Iria García Viñas, co seu proxecto “Luscofusco S.L.” obtiveron o segundo premio na modalidade B do concurso Eduemprende Idea 2019.
O traballo presentado, consiste na creación dunha empresa dedicada ao deseño, fabricación e venda de camisetas utilizando vinilo téxtil con diferentes texturas e relevos que permitan que persoas con discapacidades visuais, poidan elixir pezas do estilo co que máis se identifiquen sen depender dun terceiro, ademais cada produto leva unha etiqueta en linguaxe braille e en alfabeto común.
Convocatoria do programa mobilidades para personal Erasmus
Publicamos a convocatoria de programa de mobilidades Erasmus destinada a persoal do centro. Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases e o modelo de solicitude.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »