XII Día da Ciencia en galego
O alumnado do ciclo de farmacia e parafarmacia comparte Ciencia en Galego nos recreos dos mércores do mes de novembro cos compañeiros e profesores do IES Montecelo. Realizaron determinacións volumétricas, cálculo de densidades e diferentes técnicas de separación, amosando o material e aparellos empregados nestas operacións de laboratorio.
OFERTAS DE EMPREGO
Empresa de artes gráficas precisa cubrir postos de traballo de:
Maquinista offset e axudante de taller. Non precisa experiencia previa. Formación a cargo da empresa. Zona Vilagarcía de Arousa
Maquinista offset de rotativa. Precisa experiencia previa. Zona Vilagarcía de Arousa
Interesados contactar co IES Montecelo no email: ies.montecelo@edu.xunta.gal co asunto "Emprego artes gráficas"
PROGRAMACIÓNS MÓDULOS PROBAS LIBRES
Programacións dos módulos do CS Anatomía Patolóxica e citodiagnóstico e do CM Farmacia e parafarmacia para as probas libres
DATAS PROBAS LIBRES 2020/2021
As probas libres de ciclos medios e superiores darán comezo o día 7 de xuño ás 10:00h coa XORNADA DE PRESENTACIÓN que é de obrigada asistencia.
A continuación comezarán os exames nas horas e datas que se detallan nas táboas e arquivos adxuntos:
Alumnado FPB Mantemento de vehículos
O alumnado da FPB de mantemento de vehículos durante unha clase de taller. Aprendizaxe, harmonía e bo facer. O futuro da mecánica do automóbil.
8M no ciclo de farmacia
O alumnado de 1º curso do CM de farmacia e parafarmacia fixo este vídeo para aportar o seu gran de area ás reivindicacións do 8M.
OBRADOIRO EMPRENDEMENTO
A formadora Raquel Pedrouso analizou co alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos qué significa ter actitude emprendendora e cales son as habilidades e competencias necesarias para desenvolvela.
O obradoiro estruturouse en dúas fases, traballando na primeira o autocoñecemento co obxectivo de conectar cos valores propios, para na segunda desenvolver ideas de negocio en consonancia con estes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »