You are hereViveiro de empresas
Viveiro de empresas
Dando a coñecer o noso viveiro de empresas
A responsable do viveiro de empresas do noso centro, Loló Conde, inicia unhas charlas para dar a coñecer as posibilidades e requisitos de uso do espazo ao alumnado do CIFP Carlos Oroza. O luns 20 de novembro visitaron o viveiro os alumn@s do ciclo medio de cociña e gastronomía.
O calendario de visitas é o seguinte:
-
Lunes 20 de novembro ás 13:00 horas. Ciclo de grao medio de cociña e gastronomía.
-
Martes 21 de novemmbro ás 10:30 horas. Ciclo de grao superior de dirección de cociña.
-
Xoves 23 de novembro ás 10:30 horas. Ciclo de grao superior de xestión de aloxamentos turísticos.
-
Luns 27 de novembro ás 13:00 horas. Ciclo de grao superior de guía, xestión e asistencia turísticas.
-
Venres 1 de decembro ás 12:00 horas. Ciclo de grao medio de panadería, repostaría e confeitaría.
Participa no concurso Eduemprende Idea
O 17 de abril a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou o concurso Eduemprende Idea 2017 co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Requisitos de participación:
1. Estar matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. 2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Modalidades e características dos premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universitaria. – Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €
Prazo de presentación de solicitudes: Será de 30 días naturais contados a partir do día 18 de abril.
Lugar de presentación de solicitudes: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Ficha de persoas participantes segundo o anexo II da convocatoria.
b) Proxecto de empresa.
c) Resumo executivo do proxecto.
d) Vídeo de presentación do proxecto.
Podedes consultar toda a información relativa a convocatoria no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170417_concurso_eduemprende.pdf
Se tedes algunha dúbida ou necesidade de asesoramento pasarvos polo instituto para falar co departamento de FOL.