You are hereProxectos innovación
Proxectos innovación
O IES Montecelo no Congreso FPB en Red 2022
Os profesores do centro, Juan Porto e José Fuentes, presentaron hoxe no congreso FPB en Red 2022 en Madrid, o proxecto de innovación que fixemos hai uns anos, Aquamobil Adapt. Compartiron as experiencias do noso centro co alumnado de FPB e aprenderon das experiencias dos outros centros participantes. Compartir e aprender nos fan medrar e mellorar para o noso alumnado.
Aquamóbil Adapt, o triciclo anfibio para persoas en cadeira de rodas
Aquamobil adapt é un triciclo anfibio con motor eléctrico para persoas en cadeira de rodas. Proxecto de innovación realizado polo alumnado de FP Básica do IES Montecelo. Premiado no FPInnova, Consellería de Educación e Formación Profesional.
Os proxectos Climobil Solar e Memorflex visitan Vilalonga
Os proxectos de innovación do noso alumnado de FPB Climobil Solar e Seguridade Memorflex no VIII FORO DA INNOVACIÓN DO AUTOMÓBIL DE VILALONGA
Vémonos no FP Innova!
O proxecto Permacultura entra na fase final de exposición no FP Innova 2019, que se celebra na Cidade da cultura do 8 ao 10 de maio.
Proxecto Permacultura: segue os seus avances no seu Instagram
O proxecto de innovación Permacultura que está desenvolvendo a familia profesional de Agraria xa ten instagram para seguir os seus avances! @proxecto_permacultura
Bicicletas adaptadas: colaborando con Amencer
Enlace para acceder á nova de prensa, publicada en La Voz de Galicia o 9 de deembro de 2018: Alumnos da FP Básica colaborarán coa asociación Amencer nu proxecto de aprendizaxe e servizo
Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018
Neste 2018 dous proxectos do IES Montecelo volveron a resultar premiados nos Premios FP Innova.
O proxecto Seguridade Memorflex, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Mantemento de Vehículos e en colaboración co IES Antón Losada (A Estrada), busca a mellora dun elemento vital na seguridade xa que os paragolpes elaboraranse cunha base de látex que tería “efecto memoria” ao recuperar a forma inicial de xeito inmediato.
O proxecto Permacultura Urbán, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e en colaboración coa Asociación Boa Vida – Inclusión Activa de Pontevedra, pretende reducir a xeración de refugallos co emprego dun compostador caseiro que empregarán as familias participantes.