You are hereBlogues / blogue de admin / Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018

Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018


Neste 2018 dous proxectos do IES Montecelo volveron a resultar premiados nos Premios FP Innova.

O proxecto Seguridade Memorflex, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Mantemento de Vehículos e en colaboración co IES Antón Losada (A Estrada), busca a mellora dun elemento vital na seguridade xa que os paragolpes elaboraranse cunha base de látex que tería “efecto memoria” ao recuperar a forma inicial de xeito inmediato.

 

O proxecto Permacultura Urbán, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e en colaboración coa Asociación Boa Vida – Inclusión Activa de Pontevedra, pretende reducir a xeración de refugallos co emprego dun compostador caseiro que empregarán as familias participantes.