Obradoiros 3D e Robótica

Xa está aberta á inscrición para os obradoiros de Impresión 3D e Robótica que se desenvolverán no centro no mes de maio, están pensados para que poida participar toda a comunidade educativa e podedes anotarvos premendo en cada unha das seguintes imaxes.

 

 

Mobilidades Erasmus Convocatoria 2022

Inicio do procedemento de selección de candidatos para as mobilidades Erasmus da convocatoria 2022. Nos documentos adxuntos e enlaces podedes atopar toda a información.

 

Calendario

Bases

Criterios de selección de estudantes

Modelo de solicitude para estudantes

Listaxe provisional seleccionados CM (Data publicación: 13/01/2023)

Listaxe provisional seleccionados CS(Data publicación: 13/01/2023)

O IES Montecelo no Congreso FPB en Red 2022

Os profesores do centro, Juan Porto e José Fuentes, presentaron hoxe no congreso FPB en Red 2022 en Madrid, o proxecto de innovación que fixemos hai uns anos, Aquamobil Adapt. Compartiron as experiencias do noso centro co alumnado de FPB e aprenderon das experiencias dos outros centros participantes. Compartir e aprender nos fan medrar e mellorar para o noso alumnado.

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO

Obradoiro sobre xeración de ideas emprendedoras

No marco do programa “Aulas de emprendemento” , os días 3, 4 e 5 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos do centro, puxeron en marcha a súa iniciativa e creatividade no “Obradoiro de xeración de ideas emprendedoras: desenvolve unha idea de negocio innovadora” impartido pola altofalante Raquel Pedrouso.

 

Concurso de portas do Samaín

 

Hoxe no IES Montecelo celebramos o concurso de portas do Samaín.

Os alumnos sorpréndennos ano tras ano, pola súa creatividade, pola coidada realización dos decorados das portas, pero, sobre todo, pola súa implicación, o espírito de grupo e a colaboración de todos con todos.

Os resultados espectaculares, coma sempre e aínda que o mellor desta actividade non se poida ver nas fotos, xulgade vós mesmos os resultados.

Plan Proxecta no IES Montecelo

O Plan Proxecta sobre Educación sexual no IES Montecelo

Durante o curso 2021/2022 o alumnado da FP Básica estivo traballando co programa Quérote+, promovido polo Departamento de Comunicación e Sociedade.

As profesoras desenvolveron as actividades do programa sobre Educación sexual ao longo do curso, e visitou o centro, a sexóloga Bárbara Penas no mes de abril.

O grupo de peiteado e estética, volcou as actividades realizadas no blog Peiteando a diversidade que podedes consultar no seguinte enlace:  Peiteando diversidade