De excursión a Soutomaior

Este mes de maio, o alumnado de FP básica disfrutou dun día cultural visitando Soutomaior.

Os proxectos Climobil Solar e Memorflex visitan Vilalonga

Os  proxectos de innovación do noso alumnado de FPB Climobil Solar e Seguridade Memorflex no VIII FORO DA INNOVACIÓN DO AUTOMÓBIL DE VILALONGA

 

Vémonos no FP Innova!

O proxecto Permacultura entra na fase final de exposición no FP Innova 2019, que se celebra na Cidade da cultura do 8 ao 10 de maio.

 

Vídeo presentación do proxecto Memorflex

Presentación de MEMORFLEX, o proxecto de innovación que participa en Proxecto Innova, realizado polo alumnado de FP Básica de Mantemento de vehículos

 

Seguimos "Intercambiando experiencias"

Como continuación do programa “Intercambiando experiencias”, o pasado 27 de marzo o grupo de 1º curso de ciclo básico de Peiteado e Estética visitou, xunto coa súa titora e a orientadora, as instalacións do CEE Pontevedra, onde foi recibido polo equipo directivo e un numero grupo de alumnos que están a cursar os programas adaptados de formación profesional.

Despois dunha actividade de presentación grupal no xardín, visitaron os tres talleres onde desenvolven os programas formativos: xardinaría, restauración e artes gráficas, e os propios alumnos explicaron qué aprendizaxes están a acadar, qué proxectos teñen cara o futuro e amosaron algúns dos seus traballos.

Con esta visita estreitáronse aínda máis os lazos de amizade entre o alumnado e ámbolos dous centros, e xa estamos desexando compartir outra nova xornada.

Mercadillo de plantas

Os días 1 e 2 de abril, o alumnado de FP básica está a organizar un mercadillo de plantas na entrada do centro.

Proxecto Permacultura: segue os seus avances no seu Instagram

O proxecto de innovación Permacultura que está desenvolvendo a familia profesional de Agraria xa ten instagram para seguir os seus avances!  @proxecto_permacultura

 

Pulseras lilas: un proxecto para darlle voz ás mulleres

Sara, María e Julia, alumnas de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, organizaron o proxecto "Pulseras lilas" coa idea de concienciar sobre a igualdade de mullleres e homes. Ao longo de dous días repartiron pulseras lilas entre os membros da comunidade educativa, recopilaron frases/ideas dos participantes e remataron cunha fotografía de todos amosando as pulseras lilas.

Parabéns pola iniciativa e polo éxito do proxecto!

 

Intercambiando experiencias:"Ponte aínda máis guapa”

O luns día 25 de febreiro, organizouse no IES Montecelo a primeira das actividades que se desenvolverán dentro do programa “Intercambiando experiencias” que realiza o noso centro xunto co CEE Pontevedra a partires dunha proposta do propio alumnado de 1º de CB de Peiteado e Estética e que recolle un total de cinco actividades a realizar ata o mes de xuño.

Para a  actividade desenvolvida este mes, ”Ponte aínda máis guapa” , visitaron o taller de Peiteado 10 alumnas do CEE Pontevedra, que foron moi ben atendidas polo grupo de 1º de CB de Peiteado e Estética. Debemos destacar o clima de camaradería e o bo ambiente que se xerou entre os dous grupos, que xa están desexando compartir novas experiencias.

Este programa  recolle entre outras actividades unha visita ás instalacións do CEE para coñecer como traballan os alumnos do programa adaptado de Cociña e restauración e a lectura de contos infantís ao máis pequenos do centro.

 

I Feira do emprendemento

Os días  26, 27 e 28 de febreiro de 2019 celebramos no centro a primeira edición da Feira de Emprendemento, onde os alumnos e alumnas do  ciclo de grao superior de Anatomía  Patolóxica  e do ciclo de grao medio de Impresión  Gráfica, presentaron as  ideas de negocio xeradas no módulo de EIE á comunidade educativa do instituto.

Parabens por esas ideas de negocio!