You are hereBlogues
Blogues
Convocatoria dos programas de mobilidade 2017-2018
¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo de Grao Superior e gustaríache participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de 2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a do Ciclo Medio e estás interesado en facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?
Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo estará aberto dende o 14 de novembro ata o 17 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmuscifpmontecelo@gmail.com ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos
Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa onde se indicarán os requisitos, bases de participación e criterios de selección.
Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!
Magosto 2017
Todo preparadao para o magosto do venres 10 de novembro, de 11.30 a 13.10 horas.
Aprendendo banda deseñada con Kiko da Silva
Kiko da Silva volveu visitar o noso centro, o venres 3 de novembro, para impartir unha xornada sobre banda deseñada ao alumnado de FP básica. O alumnado tivo a oportunidade de practicar e experimentar como se crea unha banda deseñada. Moitas grazas Kiko!
Observando as rúas e comercios de Pontevedra para facer un estudo de mercado
ESte luns 30 de outubro, o alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia percorreu as rúas comerciais de Pontevedra para facer un estudo de mercado real comparando diferentes negocios. A actividade, que forma parte do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, é un primeiro pasiño para deseñar o proxecto empresarial de fin de curso.
Chegou o Samaín
Calacús e un terrorífico cemiterio...chegou o Samaín oa IES Montecelo. Moitas grazas por esta estupenda decoración ao alumnado de FP Básica de Agraria.
Adiviñanzas para festexar o día de bibliotecas
Esta semana queremos festexar o día das bibliotecas, 24 de outubro, cun xogo de adiviñanzas. Se acertas a adiviña gañas unha mazá ou un plátano. Adiviñanzas, lectura e froita: un plan perfecto!
Actividade do alumnado de Sanidade
O alumnado dos ciclos formativos de Farmacia e Parafarmacia e de Anatomía Patolóxica asiste ás III Xornadas de Ostomías, que se organizan no salón de actos do Centro Príncipe Felipe este xoves día 5 e o venres día 6 outubro como parte das actividades complementarias que organiza o departamento de Sanidade.
En "Pontevan" á inauguración de Etiqueta Negra, a feira gourmet 100% galega
Hoxe día 26 de setembro presentouse a segunda edición da feira "Etiqueta Negra Gourmet", que se celebrará na cidade de Pontevedra os días 28, 29 e 30 deste mes, e que mellor ocasión para poñer en marcha a "Pontevan" e amosar o traballo realizado de forma colaborativa entre o CIFP Carlos Oroza, o CIFP A Xunqueira, o IES Frei Martín Sarmiento e o IES Montecelo.
Visitamos a "Pont up store"
O alumnado de 2º curso dos ciclos da familia de Artes Gráficas visitaron o venres 22 de septiembre a feira "Pont-up store" para analizar as ideas que propoñen os novos emprendedores. Tamén presentouse o proxecto "Pontevan" co que colaborou o centro para deseñar a rotulación.
Admisión: 2ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2017
Publicadas na web edu.xunta.es/fp as listaxes correspondentes a 2ª adxudicación extraordinaria de ciclos medios e ciclos superiores
http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2017-2018
PRAZO DE MATRÍCULA do 20 ao 22 de setembro ás 13:00 h.
OFICINA DO CENTRO
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00 h.
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA EN DOCUMENTO ADXUNTO E NOS TABOLEIROS DO CENTRO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »